Emma Álvarez Chao, nada en Lourenzá o 4 de setembro de 1974, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria Diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. Dende 1996 traballou en Os Irmandiños Soc. Coop. Galega. Nas municipais de 2007 foi candidata do PPdeG ao concello de Lourenzá, resultou elixida e foi concelleira de Medio Ambiente e Medio Rural. Foi candidata nas autonómicas de 2009, non saíu elixida pero foi deputada do Parlamento de Galicia substituíndo a Raquel Arias Rodríguez. Foi voceira de Montes do Grupo Parlamentario Popular. Logo da dimisión de Vidal Martínez-Sierra López en setembro de 2012, foi elixida alcaldesa de Lourenzá, sendo relevada no cargo pola socialista Rocío López García tras as eleccións municipais do ano 2015.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Lourenzá
Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Lourenzá Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Lourenzá Categoría:Nados en 1974