miniatura|Latridopsis forsteri Os látridos (Latridae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde Perciformes.

O nome vénlles do grego latris, -ios, escravo, servo.

Morfoloxía Teñen o corpo alargado e a liña lateral rectilínea. Aleta dorsal única e continua, con 14-23 radios espiñosos e 23-40 radios brandos; aleta anal con e espiñas e 18-35 radios brandos; ventrais con 1 espiña e 5 radios brandos; pectorais redondeadas.

Hábitat e bioloxía Distribúense polo suesde de Australia, Nova Zelandia, Chile e sueste do Atlántico. Son especies de hábitos costeiros e valorados para pesca deportiva.

Taxonomía Divídense en tres xéneros e cinco especies: Latridopsis (Gill, 1862) Latridopsis ciliaris (Forster, 1801) Latridopsis forsteri (Castelnau, 1872) Latris (Richardson, 1839) Latris lineata (Forster, 1801) (antes Latris hecateia) Latris pacifica Roberts, 2003 Mendosoma (Guichenot, 1848) Mendosoma lineatum (Guichenot, 1848) A maiores, WORMS inclúe, con dúbidas, o xénero Micropus, que FishBase considera sinónimo do actual Caracanthus (familia Caracanthidae).

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en FishBase Ficha en World Register of Marine Species

Categoría:Percoideos