O termo tona, pódese referir:
Camada superficial Tona, camada sólida formada sobre un líquido, especialmente a que se forma coa graxa do leite cando se deixa en repouso, crema, nata.Cómpre non confundir os termos nata/crema de leite, coa que se elaboran sobremesas, con tona, que soamente é a nata que se forma na superficie do leite. Tona, cuberta exterior dalgúns froitos, como a pataca, o plátano, a laranxa, a mazá, pela, carapa, casca. Tecnicamente sería o exocarpo. Tona, pel interior fina do ovo e da castaña, por baixo da casca, teaza, teaxe. Tona, casca das árbores, paraza, cortizaO termo cortiza adóitase reservar soamente para a casca da sobreira (Quercus suber) e o material que desta obtemos.. Tona, parte superficial da terra e da auga.
Toponimia Tona, concello da provincia de Barcelona, en Cataluña, Tona, concello do departamento de Santander, en Colombia, Tona, unha vila da India.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Nata