A encefalomielite aguda diseminadaDiccionario galego de termos médicos. Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Santiago de Compostela, 2002. encefalomielite aguda diseminadaPáxina 248. (EMAD) é unha doenza neurolóxica agrupada dentro do grupo das doenzas desmielinizantes.JJ Zarranz; Neuroloxía. Ed Esselvier, 4º edición. Capítulo 20: Doenzas desmielinizantes. Ten unha causa inmunolóxica, aparecendo días ou semanas despois após unha vacinación fronte a un determinado organismo, sobre todo fronte ás vacinas da varíola e da rabia. Neste senso, é unha especie de reacción adversa á vacinación. Tralo antecedente de vacinación, un proceso autoinmune provoca a inflamación brusca e monofásica do encéfalo e máis da medula espiñal. que afecta á substancia branca producíndose unha desmielinización, igual que acontece coa esclerose múltiple. De feito, moitos autores considérana unha esclerose múltiple borderline. A incidencia desta doenza é da orde de 8 persoas por cada 1 000 000 de habitantes por ano.

Clínica A sintomatoloxía principal consiste en: Febre Cefalea Letarxia Crises epilépticas Síntomas neurolóxicos focais En casos graves, coma. Tratamento Non existe un tratamento curativo da doenza. Así, o tratamento farmacolóxico céntrase en reducir a inflamación por medio de antiinflamatorios. Así, adoitan pautarse corticoides intravenosos a doses altas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Doenza desmielinizante Desmielinización Esclerose múltiple Ligazóns externas Acute Disseminated Encephalomyelitis (ADEM) at myelitis.org

Categoría:Doenzas desmielinizantes