Jesús Veiga Sabín, nado en Miño en 1959, é un político galego do PPdeG
Traxectoria Foi concelleiro de Miño dende as municipais de 1983. Foi tenente de alcalde con Deogracias Romeu López e Juan Antonio Maceiras. Accedeu á alcaldía de Miño logo da renuncia de Juan Antonio Maceiras en xaneiro de 2013. En 2015 pasou á oposición, tras o pacto polo que os seis concelleiros do PP converteron en alcalde a Ricardo Sánchez Oroza.
En xaneiro de 2016, pactou de novo co alcalde e pasou a ser tenente de alcalde ata 2019. En 2019, encabezou de novo a lista do Partido Popular, acadando catro concelleiros, pasando á oposición fronte á ampla maioría absoluta do PSdeG, con 9 concelleiros, sendo suplente da portavoz popular.
En 2026, aceptou unha condena de inhabilitación para evitar o cárcere, logo dun proceso de prevaricación por prorrogar incorrectamente contratos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Miño
Ligazóns externas «Yo antes no era alcalde», entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Miño Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Miño Categoría:Nados en 1959