Lois Pena Viéitez, nado en Moaña en 1949, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria Foi secretario da UGT de Vigo. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Cangas de Morrazo e foi elixido alcalde co apoio da CIGA e Coalición Popular.La Voz de Galicia, 27-5-1983, p. 30. Nas municipais de 1987 volveu ser cabeza de lista do PSdeG e foi reelixido alcalde por unha ampla maioría absoluta. A finais de 1988 a subida da contribución urbana provocou unha onda de protestas e unha revolta veciñal, a cal se foi acrecentando ao longo dos meses. Dende xuño de 1989 non puido acceder ao concello debido a que os veciños estaban atrincheirados na entrada. Finalmente dimitiu o 5 de abril de 1990, polo que o concello pasou a ser rexido por unha comisión xestora encabezada polo concelleiro da FPG Mariano Abalo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Cangas de Morrazo

Ligazóns externas Noticias sobre Lois Pena en El País

Categoría:Alcaldes de Cangas de Morrazo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Moaña Categoría:Nados en 1949

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes