O H-II (ou H-2) foi un foguete espacial xaponés que voou entre 1994 e 1999. Foi o primeiro foguete pesado feito con tecnoloxía completamente xaponesa. Atopouse que o lanzador era demasiado custoso e que a súa fiabilidade non era a desexada, polo que foi redeseñado para paso ao H-IIA.

O H-II podía ser lanzado en tres variantes:

Con 2 aceleradores de propelente sólido. Con 2 aceleradores de propelente sólido e dous subaceleradores máis pequenos. Con 2 aceleradores de propelente sólido e unha terceira etapa mellorada (LE-5B).

Dos sete lanzamentos de foguetes H-II, feitos todos desde o Centro Espacial de Tanegashima, un resultou nun fracaso total e outro nun fallo parcial, sendo os restantes exitosos.

Historial de lanzamentos

Voo Data Rampla de lanzamento Carga Resultado Notas TF1 3 de febreiro de 1994 Centro Espacial de Tanegashima VEP / OREX Éxito Primeiro voo dun H-II. TF2 28 de agosto de 1994 Centro Espacial de Tanegashima ETS 6 Éxito 3F 18 de marzo de 1995 Centro Espacial de Tanegashima SFU / GMS 5 Éxito 4F 17 de agosto de 1996 Centro Espacial de Tanegashima ADEOS 1 / JAS 2 Éxito 6F 27 de novembro de 1997 Centro Espacial de Tanegashima TRMM / ETS 7 Éxito 5F 21 de xaneiro de 1998 Centro Espacial de Tanegashima COMETS Fallo parcial Fallo da segunda etapa 8F 15 de novembro de 1999 Centro Espacial de Tanegashima MTSat 1 Fallo Último voo dun H-II.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos H-I H-IIA H-IIB

Categoría:Foguetes espaciais