Acícula (do latín vulgar acucula, diminutivo de acus agulla) é o termo empregado en botánica para designar aguillóns magros e febles que non son feridores.Font Quer, P. (1982)Lancha y Sempere (1988) Por extensión, os órganos aciculares son aqueles con forma longa e fraca, moi especialmente as follas dos piñeiros e outras coníferas.

Noutras disciplinas como a zooloxía ou a mineraloxía úsase tamén este termo, facendo referencia sempre a órganos ou outros elementos longos, finos e rematados en punta.

Denominación galega da folla do piñeiro

En galego reciben o nome común de frouma, agulla ou arume, así coma unha infinidade de variedades dialectais: bruma, garfa, lesta, padumeiro, pica, pilro, piñuca, pulazo, rama etc. O arume úsase para acender lumes ou coma combustíbel.miniatura|Arume, follas aciculares do piñeiro.|centro

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Termos botánicos