Ánxela Rodríguez Rodríguez, nada en San Paio de Arcos (Castroverde) o 1 de marzo de 1968, é unha escritora galega, máis coñecida polo pseudónimo de Ánxela Gracián.
Traxectoria É unha licenciada en filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, escritora, tradutora, editora, crítica literaria e dinamizadora cultural. Autora de literatura infantil e xuvenil, traduciu Memorias de Hadrián de Marguerite Yourcenar e a diversos autores de literatura infantil ao galego. Desde 1996 traballou no Servizo de Tradución da Xunta de Galicia.
De 2004 a 2013 desenvolveu o seu traballo en Sotelo Blanco Edicións dirixindo as coleccións Docexvintedous, Medusa Narrativa, Medusa Ensaio, Arlequín Teatro e Biblioteca Roberto Vidal Bolaño.
Tamén foi vicepresidenta da Asociación Galega de Literatura Infantil e Juvenil (Gálix), coordinando actividades como o Club de Lectura “Gálix tendendo redes”, que trazou unha panóramica sobre a literatura xuvenil.
Ademais foi a encargada de representar a Revista Fadamorgana na selección anual que levaba a cabo a Red de Selección de la Fundación Germán Sánchez Ruipérez para elaborar un Catálogo Anual dos 100 Mellores Libros de literatura infantil e xuvenil.
En 2018 gañou o XV premio Pura e Dora Vázquez de narración da Deputación de Ourense.
Obra Literatura infanto-xuvenil Cos petos cheos de cinza (1998). A Coruña: Everest-Galicia. 120 páxs. ISBN 9788440303899. As bolboretas douradas (1999). Santiago: Sotelo Blanco. 112 páxs. ISBN 9788478243426. Eu tamén fun peliqueiro de Laza (2000). A Coruña: Everest. 200 páxs. ISBN 9788440304193. Ilustracións de Luís Rodríguez Arias. Chis chisgarabís (2004). Vigo: Tambre Edelvives. 128 páxs. ISBN 84-263-5185-9. Ilustracións de Xulia Barros Barros. A toupiña cegarata (2005). Vigo: Galaxia, col. Árbore. 194 páxs. ISBN 978-84-8288-789-0. Aniceta, la topita ciega (2020). Editorial la Fragua del Trovador. ISBN 978-84-17395-17-9. Ilustracións de Christian Villamide. Camiño solitario (os duros) (2006). Vigo: Galaxia. 16 páxs. ISBN 978-84-8288-958-0. Nun lugar chamado laberinto (2006). Editorial Tambre Edelvives, col. Ala Delta, serie azul. (White Ravens) Todo marcha sobre rodas. Caderno de comprensión lectora (2007). SM. 32 páxs. ISBN 978-84-9854-013-0. Valdemuller. Caderno de comprensión lectora (2008). SM. 53 páxs. ISBN 978-84-9854-055-0. Xoaniña rei-rei, cando casarei (2009). Santiago: Sotelo Blanco. 78 páxs. ISBN 978-84-7824-644-1. Ilustracións de Daniel Díaz. Pinga de choiva (2009). Vigo: Xerais. 40 páxs. ISBN 978-84-9782-976-2. Ilustracións de Daniel Díaz. Carrapeto (2009). Ed. Macmilan Heinemann. 48 páxs. ISBN 9788479424329. Ilustracións de Juan Berrio Martín-Retortillo. Carapuchiña en rose (2010). A Coruña: Everest Galicia. ISBN 978-84-403-1140-5. Ilustracións de Manuel C. Gambó e a viaxe á lagoa (2017). Silleda: Ed. Fervenza. 42 páxs. ISBN 978-84-17094-01-0. lustracións de Christian Villamide. Gambó e o medo á escuridade (2017). Silleda: Ed. Fervenza. 42 páxs. ISBN 978-84-17094-00-3. lustracións de Christian Villamide. As palabras do silencio (2013). Vigo: Xerais. 56 páxs. ISBN 978-8499144900. Ilustracións de Dani Padrón. Doce cartas a María Victoria Moreno (2018). A Coruña: Hércules de Ediciones, ISBN 978-84-947770-6-6. As voces da auga (2019). A Coruña: Baía Editorial, 184 páxs. ISBN 9788499953007. Historias da Ogra Pinta (2019). Libros del Jata. 112 páxs. ISBN 978-84-16443-19-2. Donas de nós (2022). A Coruña: Baía Ed. 92 páxs. ISBN 9788499954066. Ilustración de Laura Romero.
Poesía Paisaxes de pan (2013). Ribeira: Colección Bourel. 50 páxs.
Teatro
Donas de nós (2022). Baía Ed. 92 páxs. ISBN 978-84-9995-406-6.
miniatura|Presentación de Doce cartas a María Victoria Moreno no IES Torrente Ballester o 09/04/2018: Director do IES, Xesús Alonso Montero, Ánxela Gracián, Rep. de Hércules de Ediciones
Traducións Memorias de Hadrián, de Marguerite Yourcenar (1999). Positivas. Ciclo bis, de David Durán (2000). Sotelo Branco. O trasno da catedral de Santiago, de Luisa Villar Liébana (2003). Editorial Edelvives. As fontes do destino, de Blanca Álvarez (2003). Editorial Tambre-Edelvives. O mundo de papá, de Elvire Murail (2004). Editorial Tambre-Edelvives. A illa misteriosa, de Jules Verne (2007). Bivir.com. Publicada tamén en formato de libro en 2014 por Xerais. O home que plantaba árbores, de Jean Giono (2009). Galaxia. Miguel Strogoff, de Jules Verne (2012). Baía. Cleopatra. Raíña do Nilo, de Marie de Prémonville (2013). Baía. Oliver Twist, de Juliette Saumande (2013). Baía. A infancia dun xefe, de Jean-Paul Sartre (2014). Hugin e Munin. As viaxes fantásticas de Jules Verne (2015). Baía.
Do galego ao castelán La estrella de siete puntas, de Xosé Neira Cruz. La sombra descalza, de An Alfaya. La vaca titiritera, de Concha Blanco. El brindo de oro, de Xesús Marcos.
Obras colectivas Longa lingua (2002). Editorial Galaxia. Narradoras (2002). Xerais. Ogra pinta, en Contos de ogras, aventuras, baladas e piratas (2006). Xunta de Galicia. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). Libro electrónico).
Outras obras Caderno Pedagóxico As actas escuras. Centro Dramático Galego (2010). Sobre a obra de teatro As actas escuras. Premios
Premio de Investigación Xohana Torres 1995, Concello de Santiago. VII Premio de Tradución Plácido Castro en 2007 por A illa misteriosa de Jules Verne. Premio Pura e Dora Vázquez de narración 2018. VIII Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2018 (ex aequo). X Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022, por Donas de nós.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha da autora na AELG
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores ao galego Categoría:Nados en Castroverde Categoría:Nados en 1968 Categoría:Tradutores do francés