Trainspotting é un filme británico de comedia negra dirixido por Danny Boyle que se estreou no Reino Unido o 23 de febreiro de 1996. Baséase na novela homónima de Irvine Welsh. Está protagonizado por Ewan McGregor, Ewen Bremner, Jonny Lee Miller, Kevin McKidd, Robert Carlyle e Kelly Macdonald, no seu debut como actriz.

O guión, escrito por John Hodge conta a historia dun grupo de adictos á heroína nunha área economicamente deprimida de Edimburgo e o seu paso pola vida. Alén da adicción ás drogas, o filme tamén explora a pobreza urbana e a desgraza da "culturalmente rica" Edimburgo."Genres in transition". British National Cinema, por Sarah Street, Publicado por Routledge, 1997. . p. 111.

O filme foi clasificado no posto número 10 polo British Film Institute (BFI) na súa lista dos 100 mellores filmes británicos do século XX. No 2004, o filme foi escollido como o mellor filme escocés de tódolos tempos segundo unha enquisa xeneralizada ó público. Unha secuela, T2 Trainspotting, foi estreada en xaneiro de 2017.

Sinopse Mark Renton, un mozo escocés, e os seus amigos son adictos á heroína, o que significa que viven fóra da realidade, nun mundo aparte. Dentro do grupo hai un psicópata alcohólico e violento, un rapaz desesperado, un mullereiro cun coñecemento enciclopédico sobre Sean Connery e un entusiasta do deporte.

Personaxes Ewan McGregor como Mark "Rent Boy" Renton Ewen Bremner como Daniel "Spud" Murphy Jonny Lee Miller como Simon "Sick Boy" Williamson Robert Carlyle como Francis "Franco" Begbie Kevin McKidd como Tommy MacKenzie Kelly Macdonald como Diane Coulston Peter Mullan como Swanney "Mother Superior" Eileen Nicholas como Mrs. Renton James Cosmo como Mr. Renton Susan Vidler como Allison Pauline Lynch como Lizzy Shirley Henderson como Gail Irvine Welsh como Mikey Forrester

Galardóns e nomeamentos 1996: Nomeado ó Oscar: mellor guión adaptado. 1995: Premios BAFTA: Mellor guión adaptado. Nomeado a mellor filme británico.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua scots Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Danny Boyle Categoría:Filmes de Miramax Films Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados en Escocia Categoría:Filmes rodados en Glasgow Categoría:Filmes rodados en Edimburgo Categoría:Filmes ambientados en Escocia Categoría:Filmes ambientados en Edimburgo Categoría:Filmes sobre drogas