miniatura|Nenos Cantores de Viena, quizais a escolanía con maior fama no mundo. Coro é un grupo de música vocal. Que interpreta as súas pezas ben a capela, só coas voces ou ben con acompañamento instrumental. Polas súas propias características: aberto a moita xente, economicamente accesible e que non necesita fondos coñecementos musicais, polo menos como afeccionado; a agrupación coral ten sido un elemento de animación cultural en asociacións de veciños, centros culturais, parroquias...
Voces do coro As distintas voces do coro podémolas clasificar en: Voces brancas (voces infantís), as máis agudas Voces femininas (da máis aguda á máis grave): Soprano, Mezzosoprano e Contralto. Voces masculinas: Tenor, Barítono e Baixo.
Algúns coros senlleiros de Galicia Coro Campus Stellae Real Coro Toxos e Froles Cántigas da Terra Orfeón Terra a Nosa Orfeón Gallego (Buenos Aires)
Véxase tamén
Outros artigos Coros galegos
Categoría:Tipos de agrupación musical