A xestela, herba estañeiraNome común galego preferido en Termos Esenciais de Botánica, entrada 383 da Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, 2002 ou rabo de cabalo (Equisetum arvense) é unha especie de fento pertencente á familia das equisetáceas. É considerada planta medicinal; é común en Galiza.

Descrición É un arbusto perenne con talo rizomatoso, distribuído no hemisferio norte. Pode contar con talos estériles e fértiles. Os estériles comezan a medrar despois de que os fértiles agromasen; e adoitan ser máis longos e arbustivos. Eses segmentos conteñen un feixe de pólas erectas, até 20 segmentos de 5 a 50 cm de longo. Os fértiles adoitan ser a metade de longos ca os estériles e normalmente máis suculentos.

Distribución e hábitat Atópase xeralmente no hemisferio norte. Necesita de certa humidade edáfica e ambiental, polo que acostuma medrar preto de regueiros ou en solos lamacentos. Espállase por todo o litoral ibérico, incluíndo as Illas Baleares até os 1.800 metros de altitude. Falta no extremo sur da Comunidade Valenciana.

Composición química Oligoelementos: Ten silicio orgánico (unido a proteínas) e sales ricas en potasio, magnesio e aluminio. Saponósidos: o principal é a equisetonina (5%). Flavonoides e Taninos.

Propiedades A xestela ten varios compostos químicos, usados coma menciñas. Rico en minerais silicatados (10%), potasio e calcio, con propiedades diuréticas. É prescrita para coidar tecidos conxuntivos (cartilaxes, tendóns, e ósos) e tamén pólipos​, epistaxes, e sangrados. Os rebentos cómense coma vexetais no Xapón pola primavera. Ten un moi alto número diploide - 216 (108 pares de cromosomas) - 5 veces máis grande ca o número humano diploide (46). thumb|250px thumb|250px

Usos na menciña herborista Na menciña popular a xestela gozaba dende tempos moi remotos de gran prestixio, especialmente polo seu poder hemostático e eficacia contra as graves afeccións dos riles e da vexiga urinaria. Actualmente emprégase para combater as hemorraxias, vómitos de sangue, as afeccións renais e vesicais, os cálculos e as pedras. A xestela axuda en casos onde outros diuréticos non adoitan dar resultados, como por exemplo nas hidrocardias, na hidropersía da pleura costal ou en trastornos renais por mor á escarlatina ou outras graves doenzas.Treben, Maria, (aut.). Salud de la Botica del Señor. Ennsthaler. 5ª ed.(1999). 108 páxinas

Outros usos Antigamente comíanse os seus talos como se fosen espárragos. Tradicionalmente facíanse estropallos para limpar utensilios de estaño. En agricultura ecolóxica utilízase coma remedio natural contra fungos e pragas. Tamén é moi usado coma complemento alimentario, vendido en herboristarías e supermercados coma diurético.

Denominación popular A xestela, único nome recollido no dicionario da Real Academia Galega recibe outros nomes populares galegos, como herba estañeira e rabo de cabaloRabo de cabalo e xunto a xestela o termo máis recollido nos distintos dicionarios galegos - http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=Xestela&tipo_busca=lema. Outras denominacións son chifre, cabaliña e herba canuda.

Sinónimos Equisetum hiemale L Equisetum maximum L Equisetum telmateia L Equisetum riparium Fr. Equisetum campestre Schultz Equisetum boreale Brongn. Equisetum arcticum Rupr. Presla arvensis (L.) Dulac [1867, Fl. Hautes-Pyr. : 26] Allostelites arvense (L.) Börner Variedades Equisetum arvense var. serotinum G.Mey. Equisetum arvense var. nemorosum A.Br. in Döll Equisetum arvense var. irriguum Milde Equisetum arvense var. duffortianum Hy Equisetum arvense var. alpestre Wahlenb. Equisetum arvense subsp. riparium (Fr.) Nyman Equisetum arvense subsp. alpestre'' (Wahlenb.) Arcang.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Pag. en eFloras.org Pag. en GRIN (en francés) Une entreprise en procès pour avoir commercialisé de la prêle

Categoría:Fentos Categoría:Fentos de Galicia Categoría:Plantas medicinais Categoría:Equisetum Categoría:Plantas descritas en 1753