WINDS (acrónimo de Wideband InterNetworking engineering Demonstration Satellite), rebautizado tras o lanzamento como Kizuna, foi un satélite artificial xaponés lanzado o 23 de febreiro de 2008 mediante un foguete H-IIA desde o Centro Espacial de Tanegashima.

Características WINDS foi un satélite de comunicacións xeoestacionario experimental lanzado para probar novos sistemas de banda larga en satélites, sendo capaz de transmitir con velocidades de ata 1,2 Gbps en banda Ka mediante dúas antenas multifeixe, un feixe cubrindo Xapón e o outro cubrindo varias cidades do sueste asiático. Tamén levaba a bordo unha matriz de antenas de fase activa (APAA, Active Phased Array Antenna) capaz de cambiar rapidamente a dirección do feixe de transmisión.

Notas

Categoría:Satélites artificiais