Corliss Mondari Williamson, nado o 4 de decembro de 1973 en Russellville, Arcansas, é un ex xogador de baloncesto estadounidense e actual adestrador da Universidade de Central Arcansas, que xogou para catro equipos diferentes nas súas 12 tempadas na National Basketball Association (NBA). Con 2,01 metros, xogaba nas posicións de ala-pivote e aleiro. Actualmente traballa como adestrador asistente dos Sacramento Kings.

Traxectoria deportiva Profesional Williamson foi elixido no posto 13 do Draft da NBA de 1995 polos Sacramento Kings. A súa mellor tempada foi a 1997-98, cando xogou 79 partidos e acadou 17.7 puntos por encontro para os Kings, rematando segundo no galardón ó xogador con maior progresión da NBA. Antes do comezo da tempada 2000-01 foi traspasado ós Toronto Raptors a cambio de Doug Christie. Tras xogar 42 partidos cos Raptors, Williamson foi traspasado ós Detroit Pistons, e foi nomeado Sexto Home do Ano da NBA na tempada 2001-02. Foi ademais membro dos Pistons que gañaron a NBA na tempada 2003-04. Tras ser traspasado ós Philadelphia 76ers a cambio de Derrick Coleman e Amal McCaskill o 8 de agosto de 2004, foi traspasado de novo ós Kings ó 22 de febreiro de 2005, a cambio de Brian Skinner e Kenny Thomas.

Equipos Sacramento Kings (1995–2000) Toronto Raptors (2000–2001) Detroit Pistons (2001–2004) Philadelphia 76ers (2004–2005) Sacramento Kings (2005–2007)

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com/historical Estatísticas de Corliss Williamson coma xogador

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Nados en 1973 Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Nados en Arcansas