As Nitrosomonadales son unha pequena orde do filo Proteobacteria.Garrity, George M.; Brenner, Don J.; Krieg, Noel R.; Staley, James T. (eds.) (2005). Bergey's Manual of Systematic Bacteriology, Volume Two: The Proteobacteria, Part C: The Alpha-, Beta-, Delta-, and Epsilonproteobacteria. New York, New York: Springer. ISBN 978-0-387-24145-6. na que se inclúen tres familias. Como todas as proteobacterias, son bacterias gramnegativas. Forman parte das Nitrosomonadales os xéneros Nitrosomonas (que é o xénero tipo), Nitrosospira, Gallionella (unha bacteria do ferro), e Spirillum. Membros do xénero Nitrosomonas teñen a capacidade de oxidar amoníaco a nitrito, proceso chamado nitrificación. Son importantes no ciclo do nitróxeno.

Nalgunhas clasificacións as Gallionellaceae están clasificadas na súa propia orde, Gallionellales, pero na LPSN están dentro de NitrosomonadalesLPSN Nitrosomonadales J.P. Euzéby: List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature..

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Nitrosomonas MicrobeWki

Categoría:Proteobacterias