250px|miniatura|dereita|José Tomás. José Tomás Román Martín, nado o 20 de agosto de 1975 en Galapagar (Madrid), é un toureiro español, popularmente coñecido como José Tomás. Familiar do importante gandeiro Victorino Martín, debutou como novilleiro o 7 de febreiro de 1991 na praza de Valdemorillo. Despois de ter éxito en México, tomou a alternativa o 10 de decembro de 1995 na Monumental da Cidade de México, apadriñado por Jorge Gutiérrez e con Manolo Mejía como testemuña, confirmando a alternativa en Madrid, o 14 de maio de 1996, da man de José Ortega Cano e ante a presenza de Jesulín de Ubrique.

Considerado case dende o comezo da súa carreira profesional como unha das figuras máis importantes, colleitou numerosos éxitos nas mellores prazas. O seu estilo foi cualificado de clásico, e foi comparado con toureiros como Joselito, Belmonte, Chicuelo, Manolete e Paco Ojeda. Entre 2002 e 2007 estivo retirado.El diestro José Tomás reaparecerá en junio en la plaza de Barcelona, artigo de El Mundo. A súa reaparición supuxo un motivo de celebración para os afeccionados á tauromaquia, que enchen a prazas nas que en contadas ocasións actúa.

En 2010 recibiu unha cornada que lle atravesou a vea femoral e a arteria ilíaca, causándolle unha hemorraxia que precisou de sete litros de sangue.La vida de José Tomás no corre peligro , artigo de La Vanguardia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Novas sobre José Tomás no diario ABC Perfíl de José Tomás en Portal Taurino

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Galapagar Categoría:Toureiros de España Categoría:Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes