Xavier Henry, nado en Gante (Bélxica) o 15 de marzo de 1991, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.
Traxectoria profesional O 7 de abril de 2010, Henry anunciou que ía renunciar ás súas últimas tres tempadas de universidade e presentarse ó Draft da NBA de 2010, onde se agardaba que fora escollido na primeira rolda. O 24 de xuño, Henry foi elixido na 12ª posición do Draft polos Memphis Grizzlies.
O 4 de xaneiro de 2012, Henry foi adquirido polos New Orleans Hornets como parte dun traspaso entre tres equipos que mandou a Marreese Speights ós Memphis Grizzlies, e dúas futuras eleccións de segunda rolda do Draft ós Philadelphia 76ers. Henry foi asignado ós Iowa Energy da NBA D-League en marzo de 2012. En 2013, os Hornets cambiaron o seu nome a Pelicans.
O 5 de setembro de 2013, Henry asinou cos Los Angeles Lakers.Lakers Sign Xavier Henry O 28 de decembro de 2014, foi cortado polos Lakers.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Gante Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores Iowa Energy Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers