miniatura| Gavia stellata A mobella pequena ou movella pequena é unha ave da familia das Gaviidae.
Morfoloxía e hábitos Trátase dun ave de 53–58 cm de lonxitude e un peso entre os 1000 e 2000 gramos. Trátase das máis pequenas das movellas, cunha envergadura de 91–110 cm. O peteiro é recurvado, coas costas escuras sen debuxo. A cabeza e os laterais da cabeza son de cor gris cinza. Na época de cría mostra unha mancha vermella na parte frontal do pescozo. Os ollos son vermellos. Durante o inverno a plumaxe é semellante á da movella ártica. femia e macho son morfoloxicamente iguais. Nada coa cabeza ergueita algo escorada lateralmente. Atópase en lagos e lagoas, incluídos aqueles existentes na tundra. Aliméntase de peixes, crustáceos e batracios.
Reprodución O período de cría vai de maio a xullo. O tempo de incubación é de 24-29 días. Os polos voan ás seis semanas.
Distribución Na época de cría está presente en Escandinavia, extremo norte das Illas Británicas, Islandia e noroeste de Rusia. Fóra da época de cría atópase ó longo da costa europea exceptuando a costa sur da Península Ibérica.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a.
Categoría:Gaviformes Categoría:Animais descritos en 1763