Joaquín Yebra-Pimentel Vidal, nado en Pesqueiras (Chantada) e finado en Santiago de Compostela o 29 de marzo de 2010, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Fillo de Julio Yebra-Pimentel Besteiro. Foi nomeado alcalde accidental de Chantada o 3 de abril de 1949 e alcalde definitivo o 3 de maio dese ano. Cesou o 2 de febreiro de 1958. Trasladouse a Santiago de Compostela e foi membro do Consello de Administración da empresa editora de El Correo Gallego. Participou na fundación de Coalición Galega. Finou en Santiago de Compostela o 29 de marzo de 2010 e foi soterrado en Chantada.La Voz de Galicia, Terras de Lemos, 31-3-2010, p. L3.

Vida persoal Casou con Joaquina Rodríguez López e foi pai de Sara, Joaquín, Elisa, Julio e Luis Yebra-Pimentel Rodríguez.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Hondo pesar en Compostela por la muerte de Joaquín Yebra-Pimentel Corporación municipal de Chantada

Categoría:Alcaldes de Chantada Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Chantada Categoría:Finados en 2010 Categoría:Nados en ano descoñecido