Fidela Bernat, nada o 24 de abril de 1898 en Uztarroze e finada o 23 de febreiro de 1991 en Pamplona, foi a derradeira persoa capaz de falar o dialecto roncalés como lingua materna. Coa súa morte, á idade de 92 anos, desapareceu o devandito dialecto da lingua éuscara. Malia isto, na fonoteca de Navarra existen gravacións de entrevistas feitas a esta muller que recollen a fala.
Casada o 23 de xuño de 1925 con Pedro Ederra Lorea, tivo 6 fillos.
Véxase tamén Outros artigos Dialecto roncalés
Categoría:Últimos falantes Categoría:Lingua éuscara Categoría:Nados en 1898 Categoría:Nados en Navarra Categoría:Finados en 1991 Categoría:Personalidades sen imaxes