O derradeiro dos mohicanos (orixinalmente en ) é unha novela histórica de James Fenimore Cooper. É o seu segundo libro da pentaloxía Leatherstocking Tales e o máis coñecido da serie. The Pathfinder, publicado 14 anos despois en 1840, é a súa secuela. Foi publicada por Edicións Xerais en 1993, con tradución de Xela Arias. No ano 1994, a tradución gañou o Premio Ramón Cabanillas de Tradución.

Adaptacións Filmes Varios filmes están baseados na historia do libro, facendo adaptacións, resumos e cambios. As adaptacións americanas son: A versión de 1912 protagonizada por James Cruze, The Last of the Mohicans (1920), protagonizada por Wallace Beery; The Last of the Mohicans (1932), filme serial protagonizado por Harry Carey; The Last of the Mohicans (1936) protagonizado por Randolph Scott e Bruce Cabot; Last of the Redmen (1947) protagonizado por Jon Hall e Michael O'Shea; Last of the Mohicans (1963) protagonizado por Jack Taylor, Jose Marco, Luis Induni e Daniel Martin; O derradeiro dos mohicanos (1992), protagonizado por Daniel Day-Lewis.

Teatro Dende 2010, o grupo "Last of the Mohicans Outdoor Drama, Inc." presentou un versión dramática de The Last of the Mohicans. Foi adaptada para o teatro polo autor Michael Dufault e foi producida por Steven O'Connor en varias localizacións de Lake George, na rexión de Nova York.

Banda deseñada miniatura|dereita|Classics Illustrated, The Last of the MohicansIssue #4. O Classic Comics #4, The Last of the Mohicans, foi publicado en 1942. Marvel Comics publicou dúas versións da historia: en 1976 como parte da serie Marvel Classics Comics (issue #13). En 2007, publicaron unha serie para a nova Marvel Illustrated. O renomeado artista manga Shigeru Sugiura escribiu e ilustrou unha adaptación manga en 1952-3 (republicada en 1973-4). Esta adaptación está moi influenciada polos filmes do xénero western e está inzado de escenas humorísticas e anacronismos. En 1992, Dark Horse Comics publicou un libro de banda deseñada ilustrado por Jack Jackson.

Radio The Last of the Mohicans foi adaptado á radio en dous episodios dunha hora dirixidos por Michael Fox e emitidos en BBC Radio 4 en 1995 (a posterior BBC Radio 7), con Michael Fiest, Philip Franks, Helen McCrory e Naomi Radcliffe.

Televisión Hawkeye and the Last of the Mohicans, serie de televisión canadense emitida en 1957 con Lon Chaney, Jr.. The Last of the Mohicans (1971), serie da BBC, con Philip Madoc como Magua, Kenneth Ives como Hawkeye e John Abineri como Chingachgook. Considerada polos críticos como a mellor adaptación feita. Last of the Mohicans, telefilme americano de 1977 , protagonizado por Steve Forrest como Hawkeye, Ned Romero como Chingachgook e Don Shanks como Uncas.

Animación En 2004, foi producida unha versión animada italiana (orixinalmente chamada L'ultimo dei Mohicani) por MondoTV e RaiFiction en asociación con The Animation Band e Studio Sek, que consta de 26 episodios.

Ópera En 1977, Lake George Opera presentou a versión operística de The Last of the Mohicans de compositor Alva Henderson.

Parodia No 2011, The Last of the Mohicans foi parodiado como The Last of the Meheecans nun episodio da popular serie de animación South Park.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Novelas en inglés Categoría:Novela histórica Categoría:Obras literarias de 1826 Categoría:Xela Arias Categoría:Obras traducidas do inglés ao galego