Xesús Vázquez Pérez, nado en Pentes (A Gudiña) en 1946, é un pintor galego.
Traxectoria Vive en Cantabria dende neno, aínda que está moi vinculado a Ourense. En 1967 marchou a Madrid para estudar Belas Artes, que non lle interesou. A súa aprendizaxe consistiu nas frecuentes visitas ao Museo del Prado. Realizou a súa primeira exposición en 1968 no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. En 1975 viaxou a París, onde se entusiasmou coa obra de renacentistas e románticos no Louvre. Visitou Venecia e interesouse polas vangardas das bienais. Militou na UPG e interesouse pola literatura. En 2005 realizou unha exposición retrospectiva no CGAC.
Véxase tamén Bibliografía Not by usura: Historia, leyenda, memoria, catálogo da exposición no CGAC, 2005, Xunta de Galicia, ISBN 84-453-4129-4
Ligazóns externas
Xesús Vázquez en Cultura Galega
Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Nados na Gudiña Categoría:Nados en 1946 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes