Built to Spill é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Boise, Idaho. O grupo leva publicados nove álbums de estudio ata a data, o máis recente deles, When the Wind Forgets Your Name, editado en setembro de 2022.
O seu fundador Doug Martsch orixinalmente concibiu a banda como un conxunto cambiante de músicos de apoio para cada álbum, pero finalmente estableceu unha formación estable durante unha década antes de volver ao seu plan orixinal en 2012.
Despois de ter recibido constantes aclamacións da crítica ao longo da súa carreira, tres dos álbums da banda (There's Nothing Wrong with Love, Perfect from Now On e Keep It Like a Secret) entraron na lista dos mellores álbums dos 90 de Pitchfork. Keep It Like a Secret foi o primeiro disco do grupo en entrar na lista Billboard 200 nos Estados Unidos, mentres que o seu lanzamenro de 2009 There Is No Enemy converteuse no álbum Built to Spill que acadou o mellor posto nas listas.
Discografía Álbum Ano Selo Ultimate Alternative Wavers 1993 C/Z Records There's Nothing Wrong with Love 1994 Up Records Perfect from Now On 1997 Warner Bros. Records Keep It Like a Secret 1999 Warner Bros. Records Ancient Melodies of the Future 2001 Warner Bros. Records You in Reverse 2006 Warner Bros. Records There Is No Enemy 2009 Warner Bros. Records, ATP Recordings Untethered Moon 2015 Warner Bros. Records When the Wind Forgets Your Name 2022 Sub Pop Records
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Grupos musicais de Idaho Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais formados en 1992