Manuel María Vázquez Queipo de Llano, I Conde de Torre Novaes de Quiroga, nado en Samos o 16 de maio de 1800 e finado en Quiroga o 25 de xuño de 1859, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Antonio María Vázquez Quiroga Arias e irmán de Vicente Vázquez Queipo. Foi deputado por Lugo de 1834 a 1846 e senador vitalicio (1849-1859). Casou en Quiroga con Ramona Joaquina Quiroga Prado en 1825 e foi pai de Vicente Vázquez de Quiroga Queipo de Llano. Volveu casar en Balmonte con María del Carmen Pardo Valledor o 18 de xullo de 1840, e foi pai de Francisco Javier Vázquez Queipo Pardo.
A raíña Isabel II outorgoulle o título de Conde de Torre Novaes o 20 de novembro de 1852, polos servizos prestados polo seu pai, Antonio María Vázquez de Quiroga e Arias, na Guerra da Independencia. Tamén lle concedeu o título de Vizconde de Espasantes para os primoxénitos da súa casa o 2 de xullo de 1853. Véxase tamén Ligazóns externas Xenealoxía Vázquez Queipo
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Nados en Samos Categoría:Nados en 1800 Categoría:Finados en 1859 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nobres de Galicia