Terry Porter, nado o 8 de abril de 1963 en Milwaukee, Wisconsin, é un adestrador e ex xogador de baloncesto profesional estadounidense que xogou durante dezasete tempadas na NBA. Actualmente é adestrador asistente dos Minnesota Timberwolves. Con 1,91 metros de estatura, xogaba na posición de base.

Traxectoria deportiva Profesional Porter foi elixido no posto 24 do Draft da NBA de 1985 polos Portland Trail Blazers, onde xogou durante dez tempadas, e disputou dúas finais da NBA. Antes do comezo da tempada 1995-96, Porter asinou coma axente libre cos Minnesota Timberwolves, a quen axudou a clasificarse por primeira vez para os Playoffs na tempada 1996-97, e a conseguir a primeira tempada da historia da franquía con récord positivo ó seguinte ano.

Asinou cos Miami Heat antes da tempada 1998-99, e cos San Antonio Spurs antes da 1999-00. Retirouse tras a tempada 2001-02, sen ser traspasado ningunha vez na súa carreira na NBA. En 1.274 partidos, Porter acadou 12.2 puntos, 5.6 asistencias e 1.24 roubos, incluíndo dúas participacións no All-Star Game da NBA (1991, 1993), dúas Finais da NBA (1990, 1992) e 15.586 puntos na súa carreira.

O 16 de decembro de 2008, os Portland Trail Blazers retiraron o dorsal número 30 de Porter.http://www.nba.com/suns/news/porter_portland_081216.html

Adestrador Na primeira tempada da súa etapa coma adestrador, Porter pasou a tempada 2002-03 coma adestrador asistente dos Sacramento Kings.

O 6 de agosto de 2003, foi contratado coma adestrador principal dos Milwaukee Bucks. Adestrou ós Bucks durante dous anos, antes de ser despedido durante a postempada de 2005. Tras unha tempada sen adestrar, fichou polos Detroit Pistons coma adestrador asistente para a tempada 2006-07.

O 9 de xuño de 2008, Porter foi contratado coma adestrador dos Phoenix Suns.SUNS: Suns’ Porter Takes Another Swing as NBA Coach O 16 de febreiro de 2009, os Suns despediron a Porter tras 51 partidos.

O 6 de decembro de 2011, foi contratado coma adestrador asistente dos Minnesota Timberwolves.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Estatísticas de Terry Porter como xogador Estatísticas de Terry Porter como adestrador

Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos San Antonio Spurs Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Portland Trail Blazers Categoría:Adestradores dos Phoenix Suns Categoría:Adestradores dos Milwaukee Bucks Categoría:Adestradores asistentes dos Sacramento Kings Categoría:Adestradores asistentes dos Detroit Pistons Categoría:Adestradores asistentes dos Minnesota Timberwolves Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Adestradores da NBA Categoría:Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Milwaukee, Wisconsin Categoría:Nados en 1963