José Martínez-Romero Gandos, nado no barrio de San Telmo de Buenos Aires, en 1940 é un psicólogo galego. Doutor en Psicoloxía pola Universidade da Coruña (Galiza). Na Arxentina, participou na vida cultural galega da emigración desde 1960 até o seu retorno definitivo a Galiza no 2002, e na Coruña dedicouse á asistencia de inmigrantes e de mulleres vítimas da violencia doméstica.
Traxectoria Fillo de emigrantes da Terra de Montes, licenciouse en Psicoloxía na Universidade Nacional de Buenos Aires (UNBA).
Na Arxentina Desenvolveu na Arxentina unha dilatada actuación na colectividade galega emigrada no Río da Prata. No 1968, participou como secretario de prensa, na organización en Bos Aires os Xogos Florais do Idioma Galego.
Levou adiante en Bos Aires, por varios anos, a emisión radiofónica "Nós, os galegos. Galiza como Nación", que se emitía na Provincia de Buenos Aires dende xullo de 1999, os sábados de 17 a 18 horas e que se dedicaba a espallar música, cultura, comentarios e novidades de Galiza. Este programa conseguiu no 1999 dous premios polo labor cultural.
Foi presidente da Sociedad de Campo Lameiro (1990-2002), secretario de Cultura da Unión de Asociaciones Gallegas de la República Argentina (1992-1996), da que despois foi presidente (1996-1997), presidente da Asociación Arxentina de Fillos de Galegos (1967-1970) e director do Boletín “Irmáns” da Unión de Asociacións Galegas.
En Galiza No 1987, xunto á súa compañeira Pilar Jeremías, fixeron a primeira viaxe a Galiza. No 1991, representou os seus veciños emigrados nunha visita ao Concello. No 1994, viaxou a Galiza para participar dos actos de homenaxe a Luís Seoane no Día das Letras Galegas. No 1996, con ocasión dunha viaxe a Málaga para ditar un curso sobre a familia na Universidade de Málaga, visitou Galiza nunha serie de contactos para organizar cursos de intercambio.
En Galiza, participou na elaboración do Proxecto Raizame (Concello de Corcubión, 2000) e, co apoio da Deputación da Coruña, concretou en setembro do 2000 un convenio coa Asociación de Vecinos de Monte Alto, Torre de Hércules e Atocha (AVAMATH) para iniciar o "Proxecto Esperanza". Foi correspondente da páxina de Buenos Aires no xornal electrónico galego Vieiros onde publicou artigos sobre a emigración no Río da Prata.
No ano 2002, por mor da crise socioeconómica da Arxentina decidiu, xunto coa familia, retornar a Galiza definitivamente ao onde chegou o 2 de decembro de 2002 e instalouse na Coruña. Dende a chegada, vencellouse ao movemento de inmigrantes residentes na Coruña e rematou a súa formación e acadou o grao de doutor en psicoloxía pola Universidade da Coruña cunha tese sobre os galegos emigrados ó Río da Prata: "Emigración y Psicoloxía - Alteridad y alienación en los emigrantes gallegos al Río de la Plata. A súa comprensión existencial." Especializouse en Mediación Intercultural.
Obras
2024, Con la muerte no de juega: Psicoterapia existencial en las situaciones límite. Autoeditado. 2022, Psicoterapia fuera de la consulta: Encuentro e interacción desde el Análisis Existencial y la Logoterapia. Autoeditado. 2021, Logoterapia grupal: Auto-trascendencia recíproca. Fundamentación y práctica. Autoeditado. 2020,"Freedom, Responsability and Spirituality in Children during the COVID-19 Pandemic". En Marshall, María; Marshall, Eduard. Carried by the Spirit: Our Hearts Sing: Discerning Meaning during the COVID-19 Pandemic (en inglés). Ottawa: Ottawa Institute of Logotherapy. ISBN 9798682644766. 2018, "Consideraciones sobre la violencia doméstica desde la perspectiva de una psicología fenomenológico-existencial" (PDF). Nufen (en castelán) 10 (3): 179–198. doi:10.26823/REVISTADONUFEN.VOL10.N03ENSAIO44. 2017, "UTILIZACIÓN DE MÁSCARAS EN EL PROCESO PSICOTERAPÉUTICO. Teoría y práctica desde un enfoque humanístico-existencial". Revista Latinoamericana de Psicoterapia Existencial UN ENFOQUE COMPRENSIVO DEL SER (15): 15–20. 2017. ISSN 1853-3051.
Vida persoal Casou en Buenos Aires o 7 de xullo de 1967 con Pilar Jeremías Cela, na primeira cerimonia matrimonial en galego no mundo, celebrada na Igrexa de Santa Rosa de Lima, Bos Aires. Ten dous fillos, Federico e Guadalupe e tres netos: Sofía, Ignacio e Matías. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas LogoterapiaGalicia.blogspot.com . El psicólogo argentino Martínez-Romero Gandos y la logoterapia . ArgentinaMundo.com .
Categoría:Psicólogos de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados en 1940