A provincia de Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur (en ), de xeito simplificado Terra de Fogo ou Terra do Fogo,Criterios para uso da Lingua da UDC é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 127.205 habitantes (2010) e a súa capital é Ushuaia.

Toponimia Tierra del Fuego: Fernão de Magalhães (1520) nomeouna «Tierra de los fuegos» ao ver desde o seu barco os fachos dos selk'nam. Ushuaia: Nome que deriva das voces ushu (que significa ‘ao fondo’) e uaia (‘caleta, baía ou porto’), en lingua yámana, e significa ‘baía que penetra cara ao oeste’. Río Grande: Débese ao río Grande, en cuxas beiras aséntase a cidade. Este nome comezou a usarse en 1891. Tolhuin: En lingua selk'nam significa ‘corazón’, e atópase no corazón da illa.

Xeografía física Localización O territorio da provincia está composto pola parte oriental da illa Grande da Terra do Fogo e a illa de los Estados. A illa limita ao norte co estreito de Magalhães, ruta de comunicación entre os océanos Atlántico e Pacífico e ao sur co canal Beagle. Os límites provinciais esténdense no sector Antártico arxentino e Illas do Atlántico Sur, entre os meridianos 25°O. e 74°O. e o paralelo 50°S, formando parte do territorio provincial grandes extensións de auga sobre o Atlántico.

Superficie miniatura|right|225px|Puerto Cook na illa de los Estados. miniatura|right|225px|Glaciar Martial. Superficie baixo soberanía efectiva: 21 478 km², incluíndo unicamente o sector arxentino da illa Grande da Terra do Fogo, a illa de los Estados e outras illas menores. Superficie incluíndo os territorios en litixio e os reclamados: 1 002 352 km², súmase á superficie anterior a da Antártida Arxentina e as illas do Atlántico Sur. As terras e augas reclamadas na Antártida comprenden o sector entre os meridianos 25º O e 74º O, o paralelo 60º S e o Polo Sur onde se atopan tamén as illas Orcadas del Sur e Shetland do Sur. Esta reclamación superponse parcialmente coa de Chile (Territorio Chileno Antártico) e totalmente coa do Reino Unido (Territorio Antártico Británico), porén, tódalas reclamacións antárticas atópanse rexidas polo Tratado Antártico que conxela as disputas de soberanía, aínda que mantéñense vixentes as reclamacións feitas antes da firma de dito tratado. As illas do Atlántico Sur comprenden aos arquipélagos das Malvinas, Xeorxia do Sur (incluíndo aos arquipélagos das illas Aurora e os illotes Rocas Clerke) e Sándwich del Sur; atópanse baixo administración británica, pero segundo a ONU a súa soberanía está en litixio coa Arxentina.

Límites Limita -o seu sector patagón- ao oeste e ao sur con Chile, ao norte e ao leste co océano Atlántico, en canto aos seus límites na Antártida Arxentina e as Antillas del Sur ou illas do Atlántico Sur

Transportes miniatura|right|225px|O Tren del Fin del Mundo, orixinalmente construído para servir á prisión de Ushuaia e agora operando para o turismo, é o tren máis austral do mundo en funcionamento. miniatura|225px|Embarcación navegando no canal Beagle en Ushuaia. miniatura|225px|right|Porto de Ushuaia. Terrestre A vía de comunicación entre as localidades principais é a ruta nacional n.º 3. Existen servizos de transporte privado que unen Ushuaia con Río Grande, pasando por Tolhuin, con saídas diarias e con frecuencia horaria ampla.

Para acceder á parte continental do país hai que transitar por territorio chileno uns 150 km, cruzando ademais o estreito de Magalhães en barcaza (transbordador).

Marítimo Porto de Ushuaia: arriban buques de transporte naval, barcos comerciais e turísticos. É o porto da Arxentina máis próximo á Antártida. Porto de Río Grande, con violentas correntes. Atópase en construción o porto Caleta La Misión nas proximidades da cidade. Porto petroleiro de San Sebastián.

Aéreo Aeroporto Internacional de Ushuaia Malvinas Argentinas Aeroporto Internacional de Río Grande Gobernador Ramón Trejo Noel Aeroclub Ushuaia. Aeroclub Río Grande.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial