As eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2011 celebráronse o 22 de maio para elixir os 45 deputados da VIII lexislatura. Coincidiron coas eleccións municipais dos 78 concellos asturianos e as parroquias rurais, así como con outras eleccións autonómicas e locais.

A Federación Socialista Asturiana foi o partido con máis votos, pero Foro Asturias foi o gañador por escanos, sendo elixido finalmente o seu candidato Francisco Álvarez-Cascos como presidente do Principado de Asturias para a lexislatura.

Lexislatura anterior Nas eleccións de 2007, o partido socialista obtivo a maioría simple, con 21 deputados, que permitiron a Vicente Álvarez Areces renovar no cargo de Presidente do Principado de Asturias. O Partido Popular, con 20 deputados, continuou como principal grupo da oposición.

Areces gobernou en minoría até novembro de 2008 cando, grazas a un acordo coa coalición Izquierda Unida-Bloque por Asturies-Los Verdes, dous conselleiros de IU se incorporaron ao Consello de Goberno do Principado de Asturias,Areces considera que el nuevo Gobierno es un "buen equipo" para servir a Asturias El Comercio. Consultado o 30 de xullo de 2013. entre outros postos de responsabilidade na administración autonómica.Javier Antuña será el nuevo director de la Agencia de Discapacidad La Nueva España. Consultado o 30 de xullo de 2013.

Con todo, en maio de 2011, Bloque por Asturies e Izquierda Unida romperon o pacto polo seu desacordo na lei de contención do déficit. Por tal motivo, Roberto Colunga, secretario de BA, pasou a formar o Grupo Mixto na Xunta Xeral do Principado de Asturias e os militantes de Bloque renunciaron aos seus postos no Goberno.El diputado Roberto Colunga (BA) deja el grupo de IU y pide su pase al Mixto RTPA. Consultado o 30 de xullo de 2013.

Precampaña O presidente do Principado, Vicente Álvarez Areces, expresou en xullo de 2010 a súa intención de non optar á reelección tras as eleccións de 2011, despois de tres lexislaturas no cargo. Tras iso, o secretario xeral da Federación Socialista Asturiana, Javier Fernández Fernández, anunciou a súa intención de optar á presidencia polo partido socialista, candidatura avalada pola comisión executiva da FSA e polo comité federal do PSOE.

O Partido Popular proclamou como candidata a Isabel Pérez-Espinosa, concelleira de Oviedo, a proposta do PP de Asturias, descartando así a Francisco Álvarez-Cascos para encabezar as listas. Este, tras abandonar o PP, afiliouse ao partido Foro Asturias, creado arredor da súa persoa, sendo posteriormente proclamado como candidato á presidencia do Principado.

Pola súa parte, Izquierda Unida decidiu que o seu candidato á presidencia fora de novo o seu coordinador xeral, Jesús Iglesias Fernández. A candidatura foi avalada pola presidencia de IU de Asturias e ratificada polo Consello Político da coalición en Asturias. Así mesmo, mantivo a súa coalición con Los Verdes de Asturias.

Finalmente, Bloque por Asturies, que se presentara ás eleccións con IU nas dúas eleccións autonómicas anteriores,IU y el Bloque liquidan su relación entre reproches mutuos El Comercio. Consultado o 30 de xullo de 2013. presentouse en coalición con Unidá Nacionalista Asturiana, con Rafael Palacios como cabeza de lista.

Eleccións O día 29 de marzo, o Boletín Oficial do Principado de Asturias e o Boletín Oficial do Estado publicaron o «Decreto 3/2011, do 28 de marzo, do Presidente do Principado, polo que se convocan eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias». De acordo a este decreto, as eleccións celebraríanse o 22 de maio e os 45 deputados repartiríanse segundo o padrón de habitantes a 1 de xaneiro de 2010, do seguinte xeito: 34 pola circunscrición central, 6 pola occidental e 5 pola oriental. A campaña electoral, de 15 días de duración, empezou o 6 de maio e terminou o día 20.

Candidaturas Os partidos, federacións e coalicións presentaron as súas candidaturas do 13 ao 18 de abril, de acordo á lei electoral autonómica, e foron publicadas o 20 de abril.Xunta Electoral Provincial de Asturias. Candidaturas presentadas para as Eleccións Autonómicas 2011 O día 25 foron proclamadas pola Xunta Electoral Provincial de Asturias e publicadas no BOPA.

En total presentáronse 18 candidaturas, o número máis alto até a data. 16 delas concorreron polas tres circunscricións, mentres que Fronte Nacional-MSR só o fixo pola central e Unificación Comunista de España unicamente pola oriental. O elevado número de candidaturas débese ás escisións no PP (FAC, IDEAS e URAS), á fragmentación do comunismo asturiano e aos novos partidos que se presentan por primeira vez, como UPyD.Autonómicas de récord: 18 partidos La Nueva España. Consultado o 30 de xullo de 2013.

Circunscrición Candidatos Observacións<center>Central PSOE: Javier Fernández Fernández PP: Isabel Pérez-Espinosa IU-LV: Jesús Iglesias Fernández BA-UNA: Rafael Palacios Outras candidaturas: FrN-MSR, DN, UPyD, PDyC, LV-GV, PACMA, PCPE, FDLI, IDEAS, URAS-PAS, FAC, CONCEYU ABIERTO, ALS.<center> Occidental PSOE: Fernando Lastra PP: Alfonso Román López González IU-LV: Constantino García Pérez BA-UNA: Fernando González D'Alvaro Outras candidaturas: DN, UPyD, PDyC, LV-GV, PACMA, PCPE, FDLI, IDEAS, URAS-PAS, FAC, CONCEYU ABIERTO, ALS.<center>Oriental PSOE: Ana Rosa Migoya PP: Juan Basilio González Díaz IU-LV: Antonio De Pedro BA-UNA: Xuan Carlos Fernández Castañon Outras candidaturas: DN, UPyD, PDyC, LV-GV, PACMA, PCPE, FDLI, IDEAS, URAS-PAS, FAC, UCE, CONCEYU ABIERTO, ALS.

Sondaxes electorais As distintas sondaxes electorais, con estimación dos deputados obtidos polas candidaturas, publicadas polos medios de comunicación foron: Sondaxe <center>PSOE <center>PP <center>IU <center>FAC <center>UPyD <center>OutrosResultados 2007 <center>43,08% <center>42,52% <center>9,93% <center>- <center>- <center>4,47% Deputados <center>21 <center>20 <center>4 <center>- <center>- <center>0El Mundo"El efecto Cascos cuaja en Asturias", El Mundo, 6 de xaneiro de 2011(4/01/2011)</small> <center>27,3% <center>22,5% <center>8,1% <center>36,5%1 <center>- <center>5,6%Deputados <center>13-15 <center>10 <center>3 <center>17-19 <center>- <center>0COPE(14/04/2011) <center>32,0% <center>26,5% <center>11,5% <center>25,2% <center>- <center>3,9%Deputados <center>15 <center>13 <center>5 <center>12 <center>- <center>0El Comercio(22/04/2011)</small> <center>24,5% <center>15,3% <center>9,7% <center>43,1% <center>- <center>5,9%Deputados <center>13-15 <center>6-7 <center>4 <center>19-21 <center>- <center>0El Mundo"Cascos sigue teniendo más votos que el PP", El Mundo, 24 de abril de 2011(24/04/2011)</small> <center>33,6% <center>23,1% <center>11,4% <center>24,8% <center>- <center>7,1%Deputados <center>17 <center>11-12 <center>4 <center>12-13 <center>- <center>0Antena 3(2/05/2011)</small> <center>31,2% <center>29,8% <center>10,4% <center>22,5% <center>- <center>6,1%Deputados <center>14-16 <center>14-15 <center>4-6 <center>10-11 <center>- <center>0Varios medios (CIS)(5/05/2011)</small> <center>35,7% <center>32,2% <center>8,2% <center>15% <center>1,9% <center>4,0%Deputados <center>19 <center>16 <center>3 <center>7 <center>0 <center>0Vocento(8/05/2011)</small> <center>30,1% <center>29,6% <center>9,4% <center>23,8% <center>2,8% <center>-Deputados <center>14-16 <center>14-15 <center>3 <center>11-12 <center>1 <center>0La Voz de Asturias [Raúl Álvarez: Dos reñidos escaños decidirán si gana la izquierda o la derecha (La Voz de Asturias, 8 de mayo de 2011, páxinas 4-5)](8/05/2011)</small>-Público (9/05/2011)</small> <center>36,8% <center>20,9% <center>9,2% <center>25,5% <center>2,8% <center>2,9%Deputados <center>18-19 <center>10-11 <center>3-4 <center>12-13 <center>0-1 <center>0El Comercio(13/05/2011)</small> <center>25,4% <center>15,1% <center>9,4% <center>42,8% <center>- <center>6%Deputados <center>16 <center>6 <center>3 <center>19-21 <center>- <center>0La Nueva España(15/05/2011) <center>32,1% <center>30,1% <center>10,9% <center>19,7% <center>- <center>4,6%Deputados <center>16-17 <center>15-16 <center>4 <center>9 <center>- <center>0El Mundo"Cascos sigue por delante del PP", El Mundo, 15 de maio de 2011(15/5/2011)</small> <center>33,4% <center>24,2% <center>9,1% <center>25,8% <center>- <center>7,5%Deputados <center>17 <center>11-12 <center>3-4 <center>12-14 <center>- <center>0 Nota: 1-Corresponde a un, entón, hipotético partido de Francisco Álvarez-Cascos

Resultados As tres circunscricións electorais de Asturias, cos seus correspondentes números de deputados para o ano 2011.|miniatura|right

Tras o escrutinio dos votos presenciais e por correo, na noite do 22, a candidatura máis votada era a socialista. Esta vitoria en número de votos ocorría, ademais, nas dúas circunscricións laterais, mentres que na central a máis votada foi a candidatura de Foro Asturias, liderada por Francisco Álvarez-Cascos. Debido a isto, Foro Asturias obtería 16 deputados por 15 do Partido Socialista, o peor resultado da súa historia en Asturias. O Partido Popular tamén obtería o seu peor resultado en Asturias, perdendo a metade dos seus deputados na anterior lexislatura e quedándose en 10. Por último IU-Los Verdes repetirían o resultado do 2007, 4 deputados, naquela ocasión en coalición co Bloque por Asturies. Os catro deputados obteríaos na circunscrición central, a pesar de obter máis do 3% dos votos válidos emitidos nas outras dúas circunscricións, mínimo legal establecido para poder optar ao repartimento de escanos. Non obstante, nas circunscricións oriental e occidental, o baixo número de deputados (5 e 6, respectivamente) fai que non sexa suficiente con superar dita cifra para asegurar a asignación dun deputado.Dieciocho fuerzas para 45 escaños El Comercio. Consultado o 30 de xullo de 2013.

O mércores 25, a Xunta Electoral do Principado de Asturias realizou o escrutinio dos 3.265 votos recibidos dos asturianos residentes no estranxeiro. O seu reconto non modificou a asignación provisional de escanos, sendo a candidatura socialista a máis votada.El PSOE se queda a 67 votos de superar a Cascos por un escaño en Asturias A Federación Socialista Asturiana denunciou publicamente o extravío de 5.000 votos de emigrantes, pois 8.477 deles solicitaran exercer o voto.El PSOE ataca a Correos por el extravío de 5.000 votos de emigrantes «que nos darían la victoria» La Nueva España. Consultado o 30 de xullo de 2013.

Os resultados definitivos das candidaturas que obtiveron representación son: ← Eleccións á Xunta Xeral do Principado de Asturias de 2011 → Presidente e goberno Partido Candidato Votos % Escanos +/- Presidente: Francisco Álvarez-Cascos Goberno: Foro de Ciudadanos Censo: 910.382 Votantes: 609.072 (66,89%) Abstención: 301.515 (33,11%) Válidos: 600.274 A candidatura: 584.663Partido Socialista Obrero Español (PSOE) Javier Fernández Fernández 179.619 29,92% 15 -6Foro de Ciudadanos (FAC) Francisco Álvarez-Cascos 178.031 29,66% 16 +16Partido Popular (PP) Isabel Pérez-Espinosa 119.767 19,95% 10 -10Izquierda Unida-Los Verdes de Asturias (IU-LOS VERDES) Jesús Iglesias Fernández 61.703 10,28% 4 a +1 bUnión Progreso y Democracia (UPyD) Ignacio Prendes 14.640 2,44% 0Independientes de Asturias (IDEAS) Juan Morales Sánchez 6.380 1,06% 0Bloque por Asturies-UNA (BA-UNA) Rafael Palacios 6.191 1,03% 0 -1Fronte de la Izquierda (FDLI) 4.598 0,77% 0Los Verdes-Grupo Verde (LV-GV) 3.626 0,60% 0Unión Asturianista (URAS-PAS) Xuan Xosé Sánchez Vicente 2.953 0,49% 0Partido Antitaurino Contra el Maltrato Animal (PACMA) 1.950 0,32% 0Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) 1.434 0,24% 0Conceyu Abiertu (CONCEYU ABIERTU) 1.421 0,24% 0Partido Democrático y Constitucional (PDyC) 1.034 0,17% 0Democracia Nacional (DN) 711 0,12% 0Alternativa Liberal Social (ALS) 334 0,06% 0Fronte Nacional-Movimiento Social Republicano (FrN-MSR) 260 0,04% 0Unificación Comunista de España (UCE) 11 0,00% 0En branco N/A 15.611 N/A N/ANulos N/A 8.798 N/A N/A

aOs 4 de IU. b Respecto á coalición IU-BA-VERDES en 2007.

Por circunscricións