miniatura|left|Tunes, capital do país. A economía diversificada e orientada ó mercado de Tunisia foi citada como un exemplo de éxito en África e o Oriente Medio, pero ten afrontado unha serie de desafíos durante a transición política en curso no país. Tras unha experiencia mal sucedida con políticas económicas socialistas na década de 1960, o país embarcou nunha estratexia de éxito con miras a reforzar as exportacións, o investimento estranxeiro e o turismo, os cales tornáronse fundamentais para a súa economía. As exportacións principais inclúen agora téxtiles e vestiario, produtos alimenticios, derivados de petróleo, produtos químicos e fosfatos, e cerca do 80% das exportacións teñen como destino o principal socio económico do país, a Unión Europea. O control estatal da economía, a pesar de ser aínda intenso, vén sendo gradualmente reducido desde a última década, coa crecente privatización, simplificación da estrutura tributaria, e un tratamento prudente da débeda externa e interna.
A estratexia liberal de Tunisia, así como os investimentos en educación e infraestrutura alimentou un crecemento anual do PIB entre 4% e 5% durante décadas, mellorou a calidade de vida da poboación e reduciu a inflación. O turismo e o comercio foron elementos chave neste crecemento sustentado. O acordo de colaboración de Tunisia coa Unión Europea entrou en vigor a partir de 1 de marzo de 1998, e foi o primeiro acordo entre a UE e países mediterráneos non-europeos. Co acordo, Tunisia debería gradualmente remover barreiras ao comercio coa UE na década seguinte. A ampliación das privatizacións, a maior liberalización do investimento, principalmente estranxeiro, e melloras na eficiencia gobernamental, eran os principais desafíos para o futuro. En 2008 Tunisia tornouse membro plenamente asociado da Unión Europea (situación comparable á de Noruega ou de Islandia).
O expresidente Zine El Abidine Ben Ali (1987-2011) continuou esas políticas, mais no seu goberno creceron o nepotismo e a corrupción que frustraron o desenvolvemento económico, e o desemprego aumentou entre crecentes fileiras de graduados universitarios do país. Estas queixas contribuíron á caída de Ben Ali en xaneiro de 2011, levando a economía do país a unha espiral descendente, á medida en que o turismo e o investimento estranxeiros diminuían drasticamente. A medida que a economía se recupera, o goberno de Tunisia ten afrontado os desafíos de tranquilizar empresas e investidores, traer orzamento e déficits en conta corrente baixo control, protexer o sistema financeiro do país, acabar co elevado desemprego e reducir as desigualdades económicas entre a rexión costeira máis desenvolvida e o interior empobrecido do país.
Notas