O HC Kometa Brno é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Brno, República Checa. O club foi fundado en 1953 e actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo checo, a Extraliga Checa. Xoga os seus partidos como local no Kajot Arena, un pavillón con capacidade para 7.200 espectadores. Con 11 campionatos checoslovacos é o segundo equipo máis laureado da competición por detrás do HC Dukla Jihlava (12 títulos), e as súas 3 IIHF European Champions Cups o converten no equipo checo máis laureado a nivel internacional.
Historia miniatura|right|300px|Xogadores e seareiros do Kometa Brno logo do partido amigable do final da tempada 2011. O club foi fundado en 1953 como un equipo de hóckey sobre xeo do exército checoslovaco baixo o nome de Rudá hvězda Brno ("Estrela Vermella"), e xogou o seu primeiro partido fronte ao Motorlet Praha, gañando por 4 goles a 2. A meirande parte dos xogadores foron transferidos de dous equipos de Brno (TJ Spartak Brno Zbrojovka e TJ Spartak GZ Královo Polehttp://www.hc-kometa.cz/historie.asp). Gañou o seu primeiro campionato checoslovaco en 1955, cando comezou a mellor etapa do club, que dominou a competición dende ese ano ata 1966, gañando todos os títulos disputados coa única excepción do ano 1959, cando se proclamou campión o Sokol Kladno.
En 1962 mudou o seu nome cara ZKL Brno (ZKL é a abreviación de Závody kuličkových ložisek)Orixinalmente Závody kuličkových ložisek; esta fábrica; agora ZKL Group Brno ; converteuse no principal patrocinador do club e deixou de ser un equipo do exército. Pouco despois xogou e gañou as tres primeiras edicións da IIHF European Champions Cup en 1966, 1967 e 1968. En 1976 o nome volveu mudar a Zetor Brno. En 1980, o equipo descendeu á segunda categoría do hóckey sobre xeo checoslovaco, volvendo ao ano seguinte á máxima categoría para descende novamente en 1988.
Pouco despois da Revolución de Veludo (1994), o club cambiou novamente o seu nome para pasar a chamarse HC Kometa Brno e participar na tempada inaugural da máxima categoría do hóckey sobre xeo na República Checa, a Extraliga Checa. "Kometa" foi o alcume do equipo dende os anos '50 was the team's nickname since 1950's (oposto ao oficial "Estrela Vermella") e o equipo foi asociado a este nome dende os seuis inicios.
En 1996 o equipo descendeu da Extraliga á segunda categoría, a 1. národní hokejová liga. Durante moitos anos, o club loitou contra a complicada situación económica, os múltiples trocos de propietario e contra un novo descenso que tivo lugar na tempada 2001-02. O club estivo a piques de desaparecer, xogando na división Leste da terceira categoría do hóckey sobre xeo checo, a 2. národní hokejová liga. Non obstante, na tempada 2003-04, o equipo regresou 1. liga, comezando o seu pequeno renacer. En 2004, o Kometa xogou os seus primeiros play-offs dende 1997, chegando ás semifinais no 2008 e á final no 2009. O 1 de abril de 2009, o Komenta mercou a praza para competir na Extraliga, praza que ocupara outro equipo da Rexión de Moravia Meridional, o HC Znojemští Orli e que agora serve como canteira do equipo de Brno.
En marzo de 2012, o equipo conseguiu bater ao HC Sparta Praha, o campión da liga regular ese ano, clasificándose deste xeito para as semifinais do play-off. Nas semifinais, conseguiron bater ao HC Plzeň 1929, o segundo clasificado da liga regular. Finalmente, o Kometa Brno perdeu a súa primeira final na Extraliga fronte ao HC Pardubice en seis partidos.
Denominacións 1953 – Rudá hvězda Brno 1962 – TJ ZKL Brno 1976 – TJ Zetor Brno 1990 – HC Zetor Brno 1993 – HC Královopolská Brno 1994 – HC Kometa Brno 1995 – HC Kometa Brno BVV 1997 – HC Kometa Brno 1999 - Kometa HC Brno
Palmarés 11 Ligas Checoslovacas: 1955, 1956, 1957, 1958, 1960, 1961, 1962, 1963, 1964, 1965 e 1966 3 IIHF European Champions Cup: 1966, 1967 e 1968 1 Spengler Cup: 1955
Xogadores Xogadores destacados Vlastimil Bubník Jaroslav Jiřík František Ševčík Richard Farda Slavomír Bartoň Michal Belica Josef Černý Bronislav Danda Vladimír Dzurilla Robert Kron Jaromír Meixner Roman Meluzín Vladimír Nadrchal Jiří Sedláček František Vaněk Libor Zábranský David Appel
Números retirados Dende a súa creación, o club de Brno ten retirado o número dalgúns antigos xogadores:Lista dos dorsais retirados do club en http://www.hckometa.wz.cz/
1 Vladimír Nadrchal 5 Slavomír Bartoň 6 Bronislav Danda 9 František Vaněk 12 Vlastimil Bubník 15 Josef Černý 16 Jaroslav Jiřík
Adestradores O primeiro adestrador do equipo foi Václav Řezáč, e os adestradores que levaron ao equipo á consecución dos diferentes títulos que posúe foron: Slavomír Bartoň, Vladimír Bouzek e Eduard Farda. Bouzek conduciu ao equipo aos títulos que conseguir en 1956, 1957, así como aos conseguidos entre 1961 e 1966.Lista dos adestradores do equipo en http://www.hckometa.wz.cz/
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial Sitio web con información detallada do club
Kometa Brno