Perfecto Herbella Gómez, nado en Reigada (Manzaneda) o 8 de xuño de 1896 e finado no Castro de Caldelas o 3 de xaneiro de 1976, foi un médico e político galego.
Traxectoria Estudou o bacharelato no colexio dos Escolapios de Monforte de Lemos.La Voz de la Verdad, 27-6-1912, p. 3. Médico titular do Castro de Caldelas,La Voz de Galicia, 13-7-1927, p. 5. foi cabo do Somatén de Castro Caldelas en 1928.Boletín Oficial del Cuerpo de Somatenes Armados de la 8ª Región, outubro 1928, p. 8. Importante líder do movemento agrarista na comarca, colaborou con Manuel Casado Nieto na empresa de editar os xornais El Defensor de Caldelas e El Agro. Militou en Acción Republicana,El Pueblo Gallego, 19-4-1933, p. 8. e despois en Izquierda Republicana. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido, estivo preso na cadea do Mosteiro de Oseira e foi multado. O Tribunal Regional de Responsabilidades Políticas abriulle un expediente en 1937 e foi depurado no Colexio de Médicos en 1940. Foi desterrado a Xunqueira de Ambía, Celanova e Manzaneda ata 1955. En 1954 foi vetado polo Gobernador Civil para formar parte da directiva do Colexio de Médicos. Finou no Castro de Caldelas o 3 de xaneiro de 1976.El Agro (\"Periódico de izquierdas\", 1931, Castro Caldelas) y el Dr. Herbella
Vida persoal Foi pai de Luis Herbella.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas El Agro ("Periódico de izquierdas", 1931, Castro Caldelas) y el Dr. Herbella
Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Nados en Manzaneda Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1976