Emilia Calé Torres Sanjurjo (asinou Emilia Calé y Torres de Quintero despois de casada) nada na Coruña o 12 de febreiro de 1837 e finada en Madrid o 18 de setembro de 1908, foi unha narradora, poetisa, dramaturga e xornalista galega en lingua castelá."Calé Torres, Emilia" en Dicionario biográfico de Galicia, t. 1, p. 163, Ir Indo. Empregou, en ocasións, o pseudónimo de Esperanza."Calé Torres, Emilia" en Diccionario enciclopédico galego universal, t. 12, p. 9.
Traxectoria Foi filla do procurador da Audiencia, e concelleiro liberal no novo concello interino designado en 1868, Francisco Calé Martínez (Orihuela 1813 - A Coruña 1870). En 1862 casou na igrexa de Santiago da Coruña con Lorenzo Gómez Quintero Fernández Morado, natural de San Xoán de Porto Rico e fillo de pai ferrolán, oficial do Consejo Provincial de Orense.: "Emilia Calé Torres Sanjurjo e Culleredo: dous poemas dedicados..." Terra e Tempo, 4/12/2014.
Escribiu artigos e poemas en publicacións galegas como Galicia Revista Universal de este Reino, La Nueva Galicia, Almanaque de Galicia, El Alerta, La Revista, El Desengaño, Revista Compostelana, Revista de Galicia, El Zumbido, El Buscapié, La Tertulia, Galicia Literaria, Galicia Revista Regional, La Revista Popular ou El Eco de Santiago e en xornais e revistas galegas de Hispanoamérica como El Eco de Galicia, La Unión Gallega, Galicia Moderna, Follas Novas, Galicia Revista Semanal Ilustrada ou Aires d’a Miña Terra.
Estableceuse en Madrid en 1871, onde estivo ata 1875, converténdose na anfitrioa da sociedade La Galicia Literaria xunto co seu curmán Teodosio Vesteiro Torres,"Calé y Torres de Quintero, Emilia (1837-1908)" en Enciclopedia Universal Micronet / MCNbiografias., faladoiro ao que asistían, entre outros, Manuel Curros Enríquez, Francisco Añón Paz, Luis Taboada, Andrés e Xesús Muruais.
A temática da súa obra poética xira en torno á relixión, o amor, a patria e a natureza.
En 1906, cando a fundación da Real Academia Galega, foi nomeada membro correspondente."A primeiras académicas da RAG""Calé y Torres de Quintero, Emilia" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
Acadou sona a súa filla Emilia Quintero Calé, pianista. miniatura|"A María en el mes de las flores" en Galicia. Revista Universal de este Reino, maio de 1862. Obra bibliográfica
Poesía Horas de inspiración, 1867, Imprenta de Soto FreireHoras de inspiración 1867, Biblioteca Nacional de España. colección de 77 poemas (reeditada en Madrid en 1875).Horas de inspiración. Nueva edición corregida y aumentada 1875. Crepusculares, con un artículo de Victorino Novo, 1894.Crepusculares en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
Narrativa Cuadros sociales o pequeñas novelas, 1878, 40 pp., Biblioteca de El Telegrama, est. tip. de Vicente Abad. Escenas de la vida, 1890.
Teatro
Lazos rotos. Drama en tres actos y en verso, 1884, estreado na Coruña o 14 de outubro de 1883.Lazos rotos drama en tres actos y en verso Biblioteca Nacional de España. De la cima al abismo, 1894.
Colectiva Álbum de la Caridad, 1862. Corona fúnebre á la memoria del inspirado escritor y poeta gallego Teodosio Vesteiro Torres, 1877.
Edición Páginas sueltas, de Teodosio Vesteiro Torres, 1892.
Biblioteca virtual + Arquivos en formato PDF miniatura|219px|page=9|Horas de inspiración, 1867. Imp. de Soto Freire. miniatura|208px|Horas de inspiración. Nueva ed. corregida y aumentada. 1875. miniatura|220px|Cuadros sociales o pequeñas novelas, 1878. miniatura|203px|page=5|Lazos rotos. Drama en tres actos y en verso, 1884.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
, Aurora (2007): "Calé Torres Sanjurjo, Emilia" en Dicionario de mulleres galegas, A Nosa Terra, p. 73-74, ISBN 978-84-8341-146-9.
Outros artigos Emilia Quintero Calé (filla) Ligazóns externas : no Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1837 Categoría:Finados en 1908 Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Tradutores do francés Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Dramaturgos do século XIX