La Monarquía foi un periódico editado en Ferrol entre 1886 e 1896.
Historia e características Subtitulado Diario político, apareceu en 1886. Dirixido por Eduardo Varela, Wenceslao Veiga Gadea, Santiago Román Prieto (dende o 23 de xaneiro de 1888),La Monarquía, 23-1-1888, p. 3. novamente Wenceslao Veiga (dende maio de 1888 ata xaneiro de 1893),La Monarquía, 7-5-1888, p. 3.El Correo Gallego, 3-1-1893, p. 3. Faustino Salanova, Vicente Carnota Pérez e José Lapique Adrio (1896).El Correo Gallego, 29-4-1896, p. 1. De tendencia monárquica e conservadora, estivo vinculado a Nicasio Pérez López. Entre os seus colaboradores figuraban Lorenzo Gómez Quintero, Emilio Butrón, capitán de fragata que asinaba co pseudónimo de Fulano de Tal, e os oficiais do corpo xeral da Armada Ignacio Fernández Flórez e Joaquín de Arévalo Otero. Tivo unha segunda época a partir de 1897, na que foi propiedade de Ricardo Pita.El Lucense, 20-9-1897, p. 3. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña
Categoría:Prensa escrita de Ferrol Categoría:1886 en Galicia