José Castedo Carracedo, coñecido como Pepe Castedo, nado en FerrolFlores para Pepe Castedo, artigo de Xulio Ríos para Praza Pública, 17/6/2013. en 1914 e finado probablemente en Madrid en 1982, foi un sinólogo galego.

Traxectoria Militante de partidos de esquerda, combateu na Guerra Civil Española no bando republicano. Apresado durante o conflito militar, logrou escapar e fuxir a Francia. En París inscribiuse como refuxiado político, presentándose co aval de Julio Just, deputado valenciano de Izquierda Republicana.

En 1964 viaxou a China co propósito de aprenderlles español ás novas xeracións do maoísmo. Comezou a traballar na escola anexa ao Instituto de Linguas Estranxeiras de Pequín, a actual Universidade de Estudos Estranxeiros de Pequín. En 1966 involucrouse na Revolución Cultural.

Dezaseis anos despois de chegar a Asia en 1980 saíu daquel país e foi a Málaga para vivir cunha filla que tiña. Ao ano seguinte recibiu a orde de Afonso X o Sabio polos seus méritos pedagóxicos, e quixo regresar a China, pero xa non llo permitiron.Un gran amigo y un colega inolvidable, artigo de Wu Ruigen en China Hoy, xullo de 2004. Ao pouco rompeu relacións coa súa filla e trasladouse a Madrid, pero con grandes dificultades persoais e económicas suicidouse probablemente nesa cidade dun disparo.

Repercusión Aparece mencionado nas Memorias de un naufragio de Juan Morillo e en Las tertulias de San Li Tun, de Juan Andrade Heymann. Quizais fose o revisor da primeira tradución española do Libro Vermello de Mao.

Obra El último beso (1949), xunto co militante do PCE José del Campo Cayol.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Las cuarenta ausencias de Pepe Castedo

José Castedo Carracedo, la memoria de un ferrolano que floreció en la China de Mao

Categoría:Sinólogos Categoría:Personalidades da guerra civil española Categoría:Orde de Afonso X o Sabio

Categoría:Nados en Ferrol

Categoría:Nados en 1914

Categoría:Finados en 1982