thumb|Pinus halepensis O piñeiro carrascoNome vulgar preferido en galego en Termos Esenciais de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela, 2004 ou piñeiro de Alepo (Pinus halepensis), é unha especie de árbore da familia das pináceas, xénero Pinus. É típica do mediterráneo, non aparecendo en Galiza. thumb|240px|Vista xeral da árbore thumb|240px|Follaxe
Descrición Pode acadar os 59 m de altura. O toro é macizo e torto, a casca cinsenta avermellada e a copa irregular. Estróbilos avrroibados de forma oval duns 10 cm de lonxitude. Acículas longas agrupadas de 2 en 2, moi flexíbeis e lixeiramente amarelentas. Piñas miúdas e pedunculadas. É moi resistente á seca e á aridez. Na Península Ibérica áchase na vertente mediterránea, principalmente nos Países Cataláns (Cataluña, Illas Baleares e País Valenciano).
Distribución Áchase en piñeiriais secos, de tipo mediterráneo, de Europa, Asia occidental e África do norte. Levouse para produción madeireira a outras rexións de África e outros continentes, onde entrou en competencia coa vexetación local. Tamén se utiliza na produción de resina.
Hábitat Medra, polo xeral, a baixas cotas entre o nivel do mar deica os 200 msnm,aínda que no sur da Península Ibérica pode acadar os 1.000 m.
Propiedades Contén como principio activo a trementina.
Taxonomía Pinus halepensis foi descrita por Philip Miller e publicado en The Gardeners Dictionary: . . . eighth edition no. 8. 1768. Etimoloxía Pinus: nome xenérico dado en latín aos piñeiros.En Nombres Botánicos
halepensis: epíteto xeográfico que alude á súa localización en Alepo. Citoloxía Número de cromosomas de Pinus halepensis (Fam. Pinaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=24Chromosome atlas of flowering plants. Darlintong, C. D. & A. P. Wylie (1955) Sinonimia Pinus alepensis Poir. in Lamarck 1804 Pinus maritima Mill. 1768 Pinus sylvestris L. var. maritima Aiton 1789 Pinus maritima Aiton 1813 non Mill. 1768 Pinus penicillus Lapeyr. 1813 Pinus arabica Sieber ex Spreng. 1826 Pinus genuensis Cook Pinus halepensis Mill. var. genuensis (Cook) Antoine 1840 Pinus hispanica Cook Pinus halepensis Mill. var. minor Antoine 1840 Pinus carica D.Don in Fellows 1841 Pinus halepensis Mill. var. carica (D.Don) Carr. 1855 Pinus abasica Carr. 1855 Pinus halepensis Mill. var. abasica (Carr.) Carr. 1867 Pinus loiseleuriana Carr. 1855 Pinus pityusa Steven, 1838 Pinus pseudohalepensis Denhardt ex Carr. 1855 Pinus parolinii Vis. 1856 Pinus × saportae Rouy 1913 Pinus ceciliae Llorens & L. Llorens 1984 Pinus halepensis Mill. var. ceciliae (Llorens & L.Llorens) Rosello et al. 1992
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Gymnosperm Database: Pinus halepensis Cézanne, P. Visions. In Architectural Digest'' decembro 2005: 117.
carrasco Categoría:Árbores forestais Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas descritas en 1768