The Hollies é unha banda británica de pop formado por Allan Clarke e Graham Nash a comezos dos anos 60. Coñecida polo seu distintivo estilo de harmonías vocais, converteuse nun dos principais grupos británicos dos 60 e inicios dos 70. A banda conseguiu unha considerable popularidade en moitos países, aínda que non acadou o éxito nas principais listas estadounidenses ata 1966. Nash deixou o grupo en 1968 e formou Crosby, Stills & Nash. The Hollies tiveron 30 sinxelos nas listas británicas, e 21 na estadounidense Billboard Hot 100, con grandes éxitos a ámbolos dous lados do Atlántico entre os que se inclúen "Just One Look", "Look Through Any Window", "Bus Stop", "I Can't Let Go", "On a Carousel", "Stop Stop Stop", "Carrie Anne", "Jennifer Eccles", "He Ain't Heavy, He's My Brother", "Long Cool Woman in a Black Dress" e "The Air That I Breathe".

Trátase dun dos poucos grupos británicos de comezos dos 60 que nunca se separou oficialmente e continua gravando e actuando. Formouse en Manchester, aínda que a meirande parte dos seus membros proceden de cidades de East Lancashire. En recoñecemento polos seus logros o grupo foi admitido no Salón da Fama do Rock and Roll en 2010.

Discografía Stay with The Hollies - 1964 In The Hollies Style - 1964 Hollies - 1965 Would You Believe? - 1966 For Certain Because - 1966 Evolution - 1967 Butterfly - 1967 Hollies Sing Dylan - 1969 Hollies Sing Hollies - 1969 Confessions of the Mind - 1970 Distant Light - 1971 Romany - 1972 Out On the Road - 1973 Hollies - 1974 Another Night - 1975 Write On - 1976 Russian Roulette - 1976 A Crazy Steal - 1978 Five Three One-Double Seven o Four - 1979 Buddy Holly - 1980 What Goes Around... - 1983 Staying Power - 2006 Then, Now and Always - 2009

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Manchester Categoría:Grupos musicais de música beat Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Grupos musicais de pop rock Categoría:Grupos musicais de pop psicodélico Categoría:Grupos musicais formados en 1962