miniatura|200px|A Penélope da Odisea de Homero tecía polo día e desfacía pola noite.

"Penélope" é un poema de Xosé María Díaz Castro, incluído no poemario Nimbos (1961).: "O poema «Penélope» de Díaz Castro", en Gil Hernández, Antonio (coord.) Comentario de textos literarios, Madrid, Alhena, 1986, páx. 141-153.

Descrición dereita|miniatura|Extracto do poema nunha escultura na Insua dos Poetas. miniatura|Cando Díaz Castro fala da Pastoriza en "Penélope", faino do santuario de Santo Alberte ou da Pastoriza, en S. Breixo de Parga, chamado así por celebrarse nel unha romaría o primeiro domingo de agosto, en honor á Divina Pastora.: "Orixes da escrita: Penélope" 19/2/2016. É a poesía máis coñecida do autor. Está incluída, xunto con "Terra sucada", "Quezais" e "Terra do tempo", na cuarta epígrafe ("Espranza") de Nimbos. De rima consonante e estrutura pendular, está formada por catro estrofas, cun total de dezaseis versos. Díaz Castro establece nela un paralelismo entre Galicia e Penélope, a muller que tecía de día e desfacía de noite. Este personaxe xa fora empregado na literatura galega por Rosalía nos poemas "Tecin soya á miña tea" (2007): "O imaxinario na literatura galega actual", no Congreso Galeusca., de Follas novas, e "Desde los cuatro puntos cardinales", de En las orillas del Sar.Edición orixinal de En las orillas del Sar, páxinas 155-156.

Traduciuse ao francés na antoloxía Terre d'Espagne de Francoise Pechère e faise referencia a ela na revista alemá Humboldt. Foi incluída en Sete leccións de poesía (Espiral Maior, 2009) de Manuel Forcadela. O profesor Andrés Pociña dixo: “Penélope” de Díaz Castro paréceme a mellor definición poética, a máis fermosa e máis tráxica, de cantas se fixeron sobre Galicia.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Díaz Castro, Xosé María; Nimbos, Editorial Galaxia, Vigo, 1961 (Vista previa en Google Books). Diéguez Lois; "«Penélope»: un poema na esperanza", Asociación Cultural Xermolos, Homenaxe a X. M. Díaz Castro, Guitiriz, 1987, páx. 34-35.

Ligazóns externas 15px Xosé María Díaz Castro recitando o seu poema Penélope, a partir do minuto 7:00 no programa Zigzag diario da TvG2 15px Versión musicada por Mini e Mero en Youtube 15px Versión musicada polos alumnos do IES Poeta Díaz Castro. 15px "Penélope" recitada por Manuel María.

Categoría:Obras de poesía en galego Categoría:Xosé María Díaz Castro Categoría:Poemas