José Iglesias Rodríguez, máis coñecido futbolisticamente como Machicha II, nado a comezos do século XX en Vigo foi un futbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro. Era irmán do tamén futbolista Ángel Iglesias Rodríguez, Machicha.

Traxectoria A súa carreira futbolística transcorreu no Celta de Vigo, equipo polo que fichou, xunto ao seu irmán, coincidindo coa chegada do adestrador vasco José María Peña Salegui. Na tempada 1935/36 participou no primeiro ascenso do club a Primeira División. Porén o debut tivo que agardar ata 1939 ao producirse o alzamento militar contra o goberno da República que desembocou na Guerra Civil.

Unha vez retomadas as competicións oficiais José non contou con moitas oportunidades por parte do adestrador, Ricardo Comesaña, pero chegou a debutar en Primeira División. Xogaría o seu último encontro co Celta o 14 de abril de 1940. Na temporada seguinte, 1940/41, xogou no Racing de Ferrol, na 2ª División, onde disputou 12 partidos e marcou 2 goles.

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Futbolistas de Vigo Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Nados en ano descoñecido