Ivan Lovrenović, nado en Zagreb o 18 de abril de 1943, é un xornalista, escritor e editor bosníaco de expresión croata e unha autoridade na cuestión da identidade dos croatas bosníacos.

Traxectoria

Pasou a súa infancia en Mrkonjić Grad e realizou estudos universitarios de croatoloxía e etnoloxía en Zagreb, logo de se licenciar e ata 1976 deu clase de lingua e literatura nun instituto de Mrkonjić Grad e logo traballou en Saraxevo na revista cultural Odjek, e foi editor das editoriais "Veselin Masleša" e "Svjetlost". En 1992 viviu no barrio de Grbavica, fortemente castigado durante a Guerra de Bosnia. En 1993 marchou da cidade sitiada cara a Zagreb, onde exerceu como diplomático na embaixada de Bosnia e mais como editor de Nenada Popović. Posteriormente exerceu en Berlín e tras o Acordo de Dayton volveu a Grbavica 1996, traballando como xornalista independente e columnista do BH Dani. É membro fundador do PEN Club de Bosnia e Hercegovina.

Obra

Como xornalista escribiu desde 1970 en boa parte dos xornais de Bosnia e da antiga Iugoslavia, os seus artigos, ensaios e ficción traduciuse ao alemán, inglés, ruso, francés, español, polaco, checo, holandés, esloveno, macedonio e outras linguas. Os seus artigos sobre a guerra de Bosnia publicáronse no New York Times, Frankfurter Rundschau, Frankfurter Algemeine Zeitung, Die Zeit ou Le Messager Europeen.

Títulos

Obašašća i basanja, prosa poética (Saraxevo 1975, Zagreb 2004) Putovanje Ivana Frane Jukića, novela (Mostar 1977, Saraxevo 1984, Zagreb 2003, Banja Luka 2005) Bosna i Hercegovina, monografía ilustrada (Saraxevo 1980) Književnost bosanskih franjevaca, ensaio (Saraxevo 1982) Skice, lajtmotivi, eseji (Banja Luka 1986) Labirint i pamćenje, ensaio (Saraxevo 1989, 1990, Klagenfurt 1994) Liber memorabilium, novela (Zagreb 1994, 2003) Ex tenebris, recompilación de artigos (Zagreb 1994, 2005) Bosna, kraj stoljeća, eseji, članci (Zagreb 1996) Unutarnja zemlja - kratki pregled kulturne historije Bosne i Hercegovine (Zagreb 1998, 1999, 2004) Bosanski Hrvati - esej o agoniji jedne evropsko-orijentalne mikrokulture (Zagreb 2002) Duh iz Sindžira, recompilación de artigos (Zagreb 2005) Poslije kraja (kronike) (Zagreb 2005) Sedam dana po Bosni (Zagreb 2009)

Antoloxías:

Antologija bosanskohercegovačke pripovijetke XX vijeka, Enverom Kazazom e Nikolom Kovačem (Saraxevo 2000) Za gradom jabuka, 200 najljepših sevdalinki (Saraxevo 2005)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

"Naše bosanstvo je više varijabila nego konstanta", entrevista co autor "Stari most", BH DANI broj 371 PEN Club, Ivan Lovrenović

Categoría:Escritores en lingua croata

Categoría:Escritores de Bosnia e Hercegovina Categoría:Nados en 1943 Categoría:Personalidades do xornalismo Categoría:Nados en Zagreb