Bastille estilizado BΔSTILLE é unha banda do sur de Londres, Inglaterra, formada en 2010. Bastille comezou coma un proxecto en solitario do cantante e compositor Dan Smith, quen máis tarde decidiron formar unha banda. O cuarteto está formado por Dan Smith, Chris 'Woody' Wood, Will Farquarson e Kyle Simmons. O nome da banda provén do día da festa nacional francesa, o 14 de xullo de 1789, a toma da Bastilla durante a Revolución Francesa. Este día tamén é o aniversario de Dan Smith.
EMI Music anunciou á banda coma unha das súas novas fichaxes a Virgin Records o 1 de decembro de 2011. O seu primeiro álbum de estudio, "Bad Blood", foi lanzado en 2013 e encabezou as listaxes do Reino Unido.tubanda.com.ve: Con El Disco «Bad Blood» Debutará Bastille 9 de marzo 2013
Carreira musical Bastille debutou no mes de xuño de 2011 co seu duplo sinxelo «Flaws»/«Icarus». Foi lanzado polo selo londiniense independente 'Young & Lost Club' ao igual có seu EP Laura Palmer máis adiante en 2011. Logo de obteren unha relativa transcendencia a través de sitios coma MySpace e YouTube, a banda captou a atención tanto do público coma da prensa, despois de seren un grupo de apoio durante o verán de 2011. Posteriormente, presentáronse en varios dos principais festivais do Reino Unido, incluíndo o Festival de Glastonbury, Isle of Wight Festival e Blissfields. Despois de lanzaren o seu álbum debut en 2013, Bad Blood o sinxelo Pompeii alcanzou a segunda posición no Reino Unido e foi número un en Irlanda. En xuño de 2013 foi relanzado o sinxelo «Laura Palmer» alcanzando o número 42 no Reino Unido. 250x250px|miniatura|dereita|Dan Smith (2015) Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Bad Blood 2013 Virgin Records, EMI Wild World 2016 Virgin Records], EMI Doom Days 2019 Virgin EMI Records Give Me the Future 2022 EMI "&" 2024 Best Laid Plans/EMI
Sinxelos "Flaws"/"Icarus" (2011) "Overjoyed" (2012) "Bad Blood" (2012) "Flaws" (2012) "Pompeii" (2013) "Laura Palmer" (2013) "Things We Lost in the Fire" (2013) "Of the Night" (2013) "Oblivion" (2014) "Torn Apart" (2014) "Hangin'" (2016) "Good Grief" (2016) "Send Them Off!" (2016) "Blame" (2016) "Glory" (2017) "I Know You" (con Craig David) (2017) "Quarter Past Midnight" (2018) "Happier" (con Marshmello) (2018) "Grip" (con Seeb) (2018) "Doom Days" (2019) "Joy" (2019) "Those Nights" (2019) "Another Place" (con Alessia Cara) (2019) "Can't Fight this Feeling" (con London Contemporary Orchestra) (2019)
Membros Dan Smith – voces, piano, percusión. David Kendrick – batería, coros. Will Farquarson – baixo, guitarra acústica, coros. Kyle Simmons – teclados, coros. Charlie Barnes – guitarra, teclados, coros.
Antigos membros Chris 'Woody' Wood – batería, coros.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Grupos musicais de rock alternativo