Juhi Chawla, nada o 13 de novembro de 1967, é unha modelo, actriz, produtora cinematográfica e presentadora de televisión india. Gañadora de Miss India en 1984, seguiu logo unha carreira de actriz converténdose nunha das actrices máis afamadas do Bollywood dos anos 90 actuando en filmes tan coñecidos na India como Qayamat Se Qayamat Tak (1988), Darr (1993), Hum Hain Rahi Pyar Ke (1993), co que gañou o premio Filmfare á mellor actriz, ou Yes Boss (1997) e Ishq (1997).

Na década do 2000, actuou en filmes independentes e do cinema paralelo. pero gañou recoñecemento da crítica pola súa actuación en filmes como Jhankaar Beats (2003), 3 Deewarein (2003), My Brother Nikhil (2005), Bas Ek Pal (2006) e I Am (2011).. A partir do ano 2000 comezou a producir filmes, o primeiro foi Phir Bhi Dil Hai Hindustani. Notas

Véxase tamén

Categoría:Actores de cinema da India Categoría:Nados en 1967 Categoría:Modelos femininas da India