Unha infección oportunista é unha infección causada por organismos patóxenos (virus, bacterias, protozoos, fungos) que se aproveitan de certas situacións de debilidade para causar infeccións, pero que normalmente non as causan no individuo san, co sistema inmunitario funcionando normalmente. Un sistema inmunitario comprometido por unha inmunodeficiencia dálle unha "oportunidade" ao patóxeno para infectar.

Causas

A causa xeralmente é unha inmunodeficiencia en maior ou menor grao ou a inmunosupresión, que se poden orixinar por: Malnutrición Fatiga Infeccións recorrentes Drogas inmunosupresoras administradas a receptores de transplantes de órganos Infección por VIH avanzada Quimioterapia contra o cancro Predisposición xenética Danos na pel Tratamentos con antibióticos Procedementos médicos Embarazo.

Tipos de infeccións Entre as infeccións oportunistas máis comúns están principalmente as producidas polos seguintes organismos: Acinetobacter baumannii Aspergillus sp. Candida albicans Clostridium difficile Cryptococcus neoformans Cryptosporidium Cytomegalovirus Geomyces destructans Histoplasma capsulatum Isospora belli Poliomavirus JC, virus que causa a leucoencefalopatía multifocal progresiva. Sarcoma de Kaposi causado polo Herpesvirus humano 8 (HHV8), tamén chamado herpesvirus asociado ao sarcoma de Kaposi (KSHV). O sarcoma de Kaposi é un tumor, pero subxace a infección por este virus. Legionella pneumophila causante da lexionelose Microsporidia Mycobacterium avium complex (MAC) (micobacteria non tuberculosa) Pneumocystis, lévedo (antes considerado protozoo) causante da pneumonía por Pneumocystis, que antes se chamaba Pneumocystis carinii f. hominis (f.= forma) Pseudomonas aeruginosa Staphylococcus aureus Streptococcus pneumoniae Streptococcus pyogenes Toxoplasma gondii

Enfermidades oportunistas en persoas con SIDA A SIDA é unha inmunodeficiencia que causa doenzas características como as seguintes: Enfermidades bacterianasAxenteLocalizacións preferenciaisTuberculoseMycobacterium tuberculosisPulmón, ganglios linfáticos ou diseminadaMicobacterioseMycobacterium avium intracelularSangue, ganglios, tubo dixestivo ou diseminadaEnfermidades viraisAxenteLocalizacións preferenciaisInfección por citomegalovirusCMVRetina, tubo dixestivo, SNC, pulmónInfección herpéticaHSVPel, mucosas, pulmón, tubo dixestivoDisplasia de colo uterinoVPHDisplasias intraepiteliais cervicais de grao elevadoHerpes zósterVZVPel, sistema nerviosoLeucoencefalopatía multifocal progresivaVirus JCSNCSarcoma de KaposiVirus HHV-8Pel, mucosas, pulmónEnfermidades parasitariasAxenteLocalizacións preferenciaisToxoplasmoseToxoplasma gondiiSNC, retina, pulmónCriptosporidiose, Microsporidiose, IsosporoseCryptosporidium, Isospora belli, Microsporidios |Tubo dixestivo |- |Sarna |Sarcoptes scabiei hominis|Pel |- |Micoses |Axente |Localizacións preferenciais |- |Candidíase |Candida|Boca, esófago |- |Criptococose |Cryptococcus neoformans|SNC, pulmón ou diseminada |- |Histoplasmose |Histoplasma capsulatum|Diseminada |- |Asperxilose |Aspergillus|Pulmón ou diseminada |- |Pneumocistose (pneumonía) PCP |Pneumocystis carinii|Pulmón |- |Penicilose |Penicillium marneffei''

Tratamento Depende do tipo de infección oportunista, pero xeralmente consiste no uso de antibióticos.

Tratamento veterinario As infeccións oportunistas causadas polas infeccións retrovirais polo virus da leucemia felina e o virus da inmunodeficiencia felina poden ser tratadas co inmunomodulador celular do linfocito T.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos VIH/SIDA Inmunosupresión

Categoría:Doenzas infecciosas Categoría:Inmunoloxía