Aires del Miño foi un semanario editado en Arbo entre 1926 e 1927.Correo de Galicia, 26-9-1926, p. 12.

Historia e características Subtitulado Semanario local independiente. Defensor de los distritos de La Cañiza, Cobelo, Nieves, Cortegada, Creciente y Arbo,El Heraldo Gallego, 30-1-1927, p. 6. apareceu en agosto de 1926.El Pueblo Gallego, 21-8-1927, p. 2. Dirixido por José González Sarandón, o seu fillo Manuel González Estévez era redactor,El Tea, 13-6-1927, p. 3. e Luís Calle o administrador e tamén redactor.Correo de Galicia, 29-5-1927, p. 11. Entre os seus colaboradores figuraba Dámaso Pérez Valenzuela. Foi defensor e propagandista das sociedades de emigrantes do distrito en América. O seu correspondente en Buenos Aires era Florentino Márquez Estévez. Publicaba noticias dos concellos da Caniza, Covelo, Crecente, Cortegada, As Neves e Arbo; crónicas, poemas e relatos en galego. Tivo problemas coa censura a finais de 1927 e foi multado.El Progreso, 16-12-1927, p. 2.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita da provincia de Pontevedra Categoría:Arbo Categoría:1926 en Galicia