Scipione Rebiba, nado o 3 de febreiro de 1504 en San Marco d'Alunzio (Reino de Nápoles) e finado en Roma o 23 de xullo de 1577, foi un cardeal da Igrexa Católica.

E de particular significación porque a maioría dos bispos católicos vivos, máis dun 95%, poden trazar a súa liñaxe episcopal até el.

Traxectoria Scipione Rebiba naceu en San Marco d'Alunzio, na diocese de Patti da illa de Sicilia. Foi o segundo dos tres fillos que tivo o matrimonio de Francesco Rebiba e Antonia Filingeri, e estudou dereito e teoloxía en Palermo, onde vivía o seu tío Girolamo Filingeri, conde de S. Marco.Salvador Miranda, Rebiba, Scipione - The Cardinals of the Holy Roman Church , Florida International University, .

Foi ordenado entre 1524 e 1528, cando Giovanni Carandolet era arcebispo de Palermo e recibiu o encargo de atender a igrexa de Santa Maria dei Miracoli en Palermo.

Trasladouse a Roma entre 1536 e 1537, onde entrou en contacto coa Orde dos Cregos Regulares (teatinos) que fundara Gian Pietro Carafa, arcebispo de Chieti.

O 16 de marzo de 1541 foi nomeado Bispo auxiliar da arquidiocese de Chieti, rexida polo propio Carafa, e Bispo titular de Amyclae. O propio Carafa, xa papa Paulo IV, elevaríano a cardeal no consistorio do 20 de decembro de 1555. Cando Carafa foi transferido á arquidiocese de Nápoles elixiu a Scipione como vigairo. Logo de novembro de 1949 volveu a Roma e traballou na Curia.

O 12 de outubro de 1551 foi nomeado Bispo de Motula e en 1553 foi nomeado membro do Santo Oficio (presidido polo seu mentor Gian Pietro Carafa) e delegado da inquisición en Nápoles. O 13 de abril de 1556 foi nomeado arcebispo de Pisa. Pouco antes disto, fora nomeado legado ante o Rei Filipe II de España para felicitarlle polo tratado que puxo fin á guerra italiana de 1551 - 1559. Volveu a Roma logo de que Filipe II declarara a guerra ao papa Paulo IV e comezou a quitarlle terreos aos Estados Pontificios. A guerra non rematou até que o Cardeal Carlo Carafa, sobriño do papa, aceptou todas as condicións de rendición de Fernando Álvarez de Toledo, Duque de Alba.

Por un breve tempo ocupou o cargo de Arcebispo na diocese de Troia, en 1560, mais renunciou en favor do seu sobriño Prospero Rebiba. Até a súa morte ocupou diversos cargos en Roma, e foi Patriarca Titular de Constantinopla (1565-1573), Cardeal-Presbítero de Sant'Anastasia, Sant'Angelo in Pescheria e Santa Maria in Trastevere, e finalmente Cardeal-Bispo de Albano e Sabina. Finou o 23 de xullo de 1577.

O Cardeal Rebiba e a sucesión apostólica

Hoxe a maioría dos bispos católicos vivos poden trazar a súa liñaxe episcopal até Rebiba. Isto pódese explicar en gran parte porque, a comezos do século XVIII o papa Bieito XIII, descendente de Rebiba, consagrou persoalmente canto menos 139 bispos para varias sedes episcopais europeas e americanas de grande importancia.Pope Benedict XIII, en Catholic Hierarchy, . Estes bispos, pola súa parte, consagraron á maioría dos bispos dos seus respectivos países, provocando que outras liñaxes episcopais se extinguiran. Outros papas procedentes desta liñaxe, como Clemente XIII ou Bieito XIV tamén ordenaron a un gran número de bispos, multiplicando esta liña.

Porén, aínda que se coñece a data da consagración episcopal de Rebiba, o 16 de maio de 1541, descoñécese quen foi quen o consagrou como bispo. Asúmese polo xeral que sería o propio Gian Pietro Carafa, de quen foi bispo auxiliar e quen o nomeou cardeal, e ao que permaneceu unido durante a súa carreira eclesiástica. Aínda así non hai evidencia disto.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Sucesión apostólica

Ligazóns externas Apostolic Succession in the Roman Catholic Church, The Cardinals of the Holy Roman Church - Scipione Rebiba ,

Categoría:Cardeais de Italia Categoría:Nados en 1504 Categoría:Finados en 1577 Categoría:Patriarcas latinos de Constantinopla Categoría:Bispos católicos de Italia Categoría:Nados na provincia de Messina Categoría:Cardeais creados por Paulo IV