Ernesto Gómez Goméz, máis coñecido como Ernesto, nado o 26 de abril de 1985 en Madrid, é un futbolista profesional español. Xoga de centrocampista.
Traxectoria Ernesto Gómez formouse nas categorías inferiores do Real Madrid. Foi internacional coa en categorías inferiores (Sub-17 e Sub-18). Entre 2004 e 2006 formou parte do primeiro filial branco, o Real Madrid Castilla. Non chegou a debutar en partido oficial co primeiro equipo madridista, aínda que si disputou algúns partidos de carácter amigable.
No verán de 2006 ficha polo Málaga CF. Ao ano seguinte, é fichado pola SD Ponferradina, club co que disputaría as dúas tempadas seguintes. A tempada 2009/10 xogouna no Alcorcón, no que participaría activamente nos dous maiores fitos na historia deste club: o "alcorconazo" e o ascenso á Segunda División. No verán de 2010 Ernesto ficha polo CD Guadalajara. Co cadro alcarreño conseguiría un novo ascenso á Liga Adelante, conseguindo ademais o gol decisivo. É un dos alicerces do club alcarreño na tempada do seu debut no fútbol profesional, xogando 35 partidos de liga e anotando 9 goles. Trala mesma, marchou para fichar polo Recreativo de Huelva, onde non ten continuidade debido a unha lesión. Ao final da tempada o equipo andaluz dálle a carta de liberdade, o que lle permite asinar co Club Deportivo Lugo.
Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesReal Madrid CastillaSegunda B2001-200210Real Madrid CastillaSegunda B2004-200540Real Madrid CastillaSegunda2005-2006160MálagaSegunda2006-2007120PonferradinaSegunda B2007-2008332PonferradinaSegunda B2008-2009331AlcorcónSegunda B2009-2010341GuadalajaraSegunda B2010-2011324GuadalajaraSegunda2011-2012359RecreativoSegunda2012-201380LugoSegunda2013-201491LugoSegunda2014-201500
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Ernesto en bdfutbol.com Perfil de Ernesto en Transfermarkt
Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Futbolistas da Comunidade de Madrid Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Madrid Castilla Categoría:Xogadores do Málaga CF Categoría:Xogadores da SD Ponferradina Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do Deportivo Guadalajara Categoría:Xogadores do Recreativo de Huelva Categoría:Xogadores do CD Lugo