Gran Reserva. El origen é unha serie española de televisión producida por Bambú Producciones para La 1 e estreada o 13 de maio de 2013.Bambú Producciones . Trátase da orixe da serie Gran Reserva, emitida anteriormente.
Historia Gran Reserva. El origen é unha serie de televisión de emisión diaria, creada a partir da idea orixinal de Ramón Campos, máximo responsable da produtora Bambú Producións, da ficción de prime time Gran Reserva. Remóntase corenta e cinco anos no pasado (século XX, 1967) dos acontecementos que suceden na serie orixinal.'Gran Reserva. El Origen' será la precuela testigo de 'Gran Reserva', en maio en RTVE A serie comezou as súas emisións diarias o 13 de maio de 2013 en La 1 de Televisión Española,Gran Reserva. El origen aterriza el próximo lunes en la sobremesa de La 1 e é transmitida de luns a venres de 16:30 a 17:30 horas.
Argumento Tres grandes familias adegueiras que habitan en Lasiesta deberán loitar por ser os mellores no seu oficio de devandito lugar.
A familia Cortázar composta por Alejandro Cortázar (o dono das viñas Cortázar) e os seus catro fillos Vicente, Rafael, Elena e Gabriel. Tamén entrará a formar parte da familia Rosalía (muller de Vicente). A familia Reverte está composta por Ricardo Reverte (xefe das adegas) e a súa esposa Renata. Tamén viven con eles os seus fillos Jesús e Adolfo. Sofía chegará a Lasiesta e namorarase de Adolfo. A familia Miranda, composta por Santiago Miranda (o dono das mesmas adegas), o seu fillo Luis e a súa dona Elvira.
Personajes Os Cortázar e achegados José Manuel Cervino como Don Alejandro Cortázar. Víctor Clavijo como Vicente Cortázar. Pau Roca como Rafael Cortázar. Marta Torné como Elena Cortázar. Javier Pereira como Gabriel Cortázar †. Mamen Camacho como Rosalía Ortiz de Cortázar. Álex Angulo como Eduardo Matute. Yolanda Ulloa como Inés Mendoza de Matute. Carlota Olcina como Manuela Matute Mendoza. Sergio Mur como Roberto Vega. Álex Barahona como Andrés Guillén.
Os Reverte e achegados Carlos Álvarez-Novoa como Don Ricardo Reverte †. Petra Martínez como Renata Ramos. Alberto San Juan como Jesús Reverte. Pablo Castañón como Adolfo Reverte. Verónica Sánchez como Sofía Ruiz.
Os Miranda e achegados Manuel de Blas como Don Santiago Miranda. Jesús Olmedo como Luis Miranda. Silvia Marsó como Elvira Prieto. Lucía Martínez como Laura Miranda.
Xente do pobo Pastora Vega como Pilar Jiménez. Paula Prendes como Carolina Jiménez. Joaquín Climent como Dimas. Cesáreo Estébanez como Teodoro Ortega. Elio González como Ángel Ortega. José Ángel Egido como Bernardo Cela. Blanca Jara como Asunción Cela Ontiveros. Marta Calvó como Clotilde Ontiveros de Cela.
Episodios e audiencias Tempada Episodios Estrea Final Audiencia Espectadores Cota 1 200 13 de maio de 2013 - - -
Notas
Véxase tamén Outros artigos Gran Reserva
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de Televisión Española Categoría:Series de televisión de España