O violeta é a cor que se percibe ante a fotorrecepción dunha luz cuxa lonxitude de onda dominante mide entre 380 e 420 nm. Atópase entre o azul e o púrpura, polo que tamén pode denominarse azul púrpura. A referencia orixinaria da cor violeta son os pétalos das plantas homónimas do xénero Viola, como por exemplo a violeta común (Viola odorata) ou a violeta brava (Viola riviniana).

Atópase estandarizado en catálogos de cores e inventarios cromáticos, servindo este violeta «estándar» coma modelo e referente para a cor violeta. O violeta estándar pode verse na imaxe da dereita, os valores que se dan debaixo corresponden ao mesmo. A denominación de cor «violeta» abrangue un conxunto de coloracións semellantes á cor estándar, violáceas. O lila e o malva son variantes desta cor.

+ Violeta coma cor terciaria Etimoloxía A verba violeta deriva do francés violette, este do francés antigo viole, e este do latín vĭŏla,«violeta», Breve diccionario etimológico de la lengua castellana, Joan Corominas, 2011, consultado o 12 de xaneiro de 2013. que designa a planta homónima, e que é cognado co grego ἴον (ion), ‘violeta’, probabelmente derivado dunha lingua mediterránea pre-indoeuropea.«violet», Online Etymology Dictionary, Douglas Harper, 2001–2012, consultado o 12 de xaneiro de 2013.«violeta », Dicciomed.eusal.es. Diccionario médico–biológico, histórico y etimológico, Universidade de Salamanca, 2011, consultado o 21 de maio de 2012.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ultravioleta Púrpura

Categoría:Cores