Jesús Posse García, finado en Santiago de Compostela o 14 de maio de 1938Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 15-5-1938, p. 9., foi un sindicalista e xornalista galego.

Traxectoria Anarquista. Foi redactor de La Defensa, participou no artellamento da Federación Local de Sociedades Obreras e foi director de Lucha Social, onde tamén escribía poemas rebeldes que asinaba co pseudónimo Esop. Militou no grupo anarquista Aurora Libertaria. Participou na fundación do grupo teatral Brisas Futuras (1916) co que representou obras de contido obreiro e O Fidalgo de Jesús San Luís Romero, integrouse despois no cadro teatral A Terriña co que representou en 1919 o monólogo O quinteiro, tamén de Jesús San Luís Romero. Escribiu con Juan López Gacio un apropósito titulado Momo o el sueño de un fumador, que se estreou o mércores de cinza de 1920.Noticia en El Compostelano, 13-2-1920, p. 4. Entrou a traballar como porteiro na Universidade en xullo de 1931. Foi secretario do Centro Republicano Federal de Izquierda Gallega e colaborou no seu periódico Galicia Federal. En 1935 recibiu unha homenaxe pola súa traxectoria como loitador organizada polo semanario Ser no que interviñeron Ramón Suárez Picallo, Arturo Cuadrado e José Pasín Romero. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 foi suspendido no traballo da Universidade. Finou de tuberculose en 1938.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Finados en 1938 Categoría:Finados por tuberculose Categoría:Nados en ano descoñecido