Os canóns de San Sebastián (en ) é un filme dirixido por Henri Verneuil que se estreou en 1968. Baséase na obra A Wall for San Sebastian de William Barby Faherty. Estreouse en galego na TVG o 13 de xullo de 2013.

Sinopse En 1743, Leon, un rebelde fóra da lei é perseguido polo exército mexicano, refúxiase nunha igrexa, onde o padre José, un vello franciscano, acólleo e négase terminantemente a entregalo ás autoridades. Condenados os dous ó desterro, non teñen máis saída que refuxiarse en San Sebastián, un mísero e afastado poboado, onde se verán acosados por toda clase de perigos.

Personaxes Anthony Quinn como Leon Alastray Charles Bronson como Teclo Anjanette Comer como Kinita Jaime Fernández como Lanza dourada Sam Jaffe como Padre José Silvia Pinal como Felicia Jorge Martínez de Hoyos como Felipe Cayetano Fernand Gravey como O gobernador Pedro Armendariz Jr. como Padre Lucas Ivan Desny como Coronel Calleja Rosa Furman como Águeda Leon Askin como Vicario Xeneral José Chávez como Antonito Jorge Russek como Pedro Aurora Clavel como Magdalena Julio Aldama como Diego

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1968 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes de México Categoría:Filmes con banda sonora de Ennio Morricone Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes ambientados en México Categoría:Filmes de 1968 con versión en galego