Cultura Libertaria foi un periódico editado na Coruña e Ferrol entre 1911 e 1913.

Historia e características Quincenario anarquista, apareceu a mediados de 1911. Substituíu a Luz al Obrero. Publicouse primeiro na Coruña, pero despois trasladouse a Ferrol. Foi voceiro do grupo anarquista 13 de Octubre composto por Juan Nó Iglesias, Enrique Taboada Chas e José López Bouza. Tamén editaron folletos de autores ácratas na Biblioteca La Internacional cos que financiaban o periódico.

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:Prensa escrita de Ferrol Categoría:Prensa anarquista de Galicia Categoría:1911 en Galicia